#TodosSomosParís #TodasSomosParís

Solidariedade cos atentados de París en Galicia. O Concello Santiago convoca un minuto de silencio polos asasinatos provocados por terroristas islamitas na capital gala. Tamén o BNG condena os atentados de París e mostra a súa solidariedade ás vítimas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/11/2015 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago convocou un minuto de silencio na praza do Obradoiro en solidariedade con París e en repulsa pola cadea de atentados cometidos onte pola noite na capital francesa.

Bandeira francesa con crespón negro polos asesinatos do terrorismo islamita
Bandeira francesa con crespón negro polos asesinatos do terrorismo islamita | Fonte: compostimes.com

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, repetiu a convocatoria nas redes sociais, ás 12.00 horas, coas etiquetas "#SantiagoConParís e #TodosSomosParís #TodasSomosParís".

Santiago súmase deste xeito ás condenas e mostras de solidariedade que outras cidades do Estado, como Madrid e Barcelona, e do resto o mundo están a expresar polos atentados.

Pola súa banda, a Executiva do BNG mostrou este sábado  a súa condena "firme" polo "horror perpetrado" en Francia e o seu rexeitamento "de todo acto terrorista que nesga a vida de moitas persoas como sucede noutras partes do mundo", como hai uns días en Beirut.

 

"Hoxe é o día da solidariedade coas vítimas", sinala o BNG, que apela a abordar "a violencia terrorista mundial desde a racionalidade, desde o respecto aos dereitos dos pobos e evitando alimentar a espiral de violencia.

O Pazo de Raxoi, sede do Concello de Santiago, cunha faixa en apoio de Francia, logo dos atentados terroristas
O Pazo de Raxoi, sede do Concello de Santiago, cunha faixa en apoio de Francia, logo dos atentados terroristas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario