Ciudadanos pide que o Klingon deixe de ser o idioma oficial de Star Trek

A asociación Star Trek Bilingüe apoia a iniciativa presentada no Concello de Ferrol polo partido laranxa liderado por Albert Rivera.

Por GcToday | España | 18/11/2015 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

A organización de Albert Rivera presentou hoxe unha nova iniciativa no Concello de Ferrol para que o idioma Klingon pase a estar proscrito na serie de ciencia ficción Star Trek.

‘Estamos hasta los cojones de tantas lenguas. Queremos que todo el mundo hable en español’, indicaron nunha rolda de prensa co gallo da presentación da iniciativa.

Preguntados polos xornalistas se sabían que a serie orixinal estaba en inglés dixeron ‘No nos preocupa. También podemos presentar una moción para que el inglés deje de ser idioma oficial’.

Moitos seguidores da serie xa se manifestaron en contra da petición de Cidadanos e foron criticados dende a organización liderada por Albert Rivera ‘Estos galleguistas ya no saben que inventar. Primero el reintegracionismo y después el Klingon. Ahora escuchas el Telejornal o el Lunar y no entiendes nada’.

Ciudadanos xa anunciou que seguirá coa súa cruzada contra todas as linguas ‘El otro día uno de nuestros afilidados estuvo en Francia. Fue a un comercio y ¡no entendían el español! . Nuestros eurodiputados presentarán una moción en el Parlamento Europeo para acabar con la imposición del francés en Francia’.

Klingon bilingüe

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta