Por Galicia Confidencial | Candín | 21/11/2015 | Actualizada ás 16:08
“Por un erro na última revisión xeográfica constan como terreos de Lugo cando en realidade son de León”, argumenta a citada Deputación. O organismo provincial xa deu o primeiro paso cara un preito institucional, ao solicitar a revisión ao Ministerio de Fomento, aducindo que a delimitación a actual prexudica a súa rede provincial de estradas. Fomento deberá tomar unha decisión de cara a elaboración da nova Base Geográfica Nacional.
O conflito ven de vello, dende hai 40 anos segundo o alcalde Candín. Segundo recolle Carmen Ramos en El Bierzo Noticias o edil José Antonio Álvarez Chacón explica que hai unha estrada que entra en Galicia e que iso provoca problemas a hora de quen debe asumir o gasto de mantela. O político asegura que foi alertado do conflito pola veciñanza das aldeas do Bierzo Suárbol e Balouta.
Na súa opinión, os veciños non teñen porque pagar cun mal mantemento da estrada o feito que a delimitación estea supostamente mal feita. Iso si, Álvarez Chacón non bota as culpas aos galegos. O alcalde asegura que o seu municipio era consciente da situación hai tempo, pero que os seus predecesores non tomaron ningunha medida para solventala, mesmo non se chegaron a presentar varias veces que a Administración do Estado tentou actualizar o deslinde.
A última vez que parece se realizou a demarcación fronteiriza foi en 1995. A zona en dispusta non ten moito valor actualmente, pero cómpre ter en conta que toda a área é rica en xacementos mineiros, de feito está inzada de antigas explotacións romanas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.