Cerna pide o voto para as "dúas candidaturas resultantes da fallida unidade" por riba das "miserias das cúpulas"

O partido nacionalista participou nos procesos que deron lugar tanto a En Marea como a Nós Candidatura Galega. Na súa opinión, non houbo acordo debido a intereses partidistas, pero agora cómpre votar a unha das dúas listas resultantes.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/11/2015 | Actualizada ás 21:54

Comparte esta noticia

A Comisión de Coordinación de Cerna reuniuse este domingo en Santiago para, entre outros obxectivos, avaliar o panorama político de cara as elecións xerais. A formación escindida de ANOVA pide á cidadanía que "participe activamente nestas Eleccións Xerais e vote polas dúas candidaturas resultantes da fallida unidade".

A coordinadora de Cerna, con Consuelo Martínez e Luis Eyré, entre outros
A coordinadora de Cerna, con Consuelo Martínez e Luis Eyré, entre outros | Fonte: teinteresa.com

Cerna participou activamente tanto no Encontro por unha Marea Galega, que hoxe apoia as listas de En Marea, como en Iniciativa pola Unidade, que hoxe apoia as listas de  Nós Candidatura Galega. De feito, Cerna foi a protagonista de varios dos últimos intentos de achegar posturas entre os polos nos que participan por unha banda ANOVA e por outra o BNG.

En opinión de Cerna, non houbo acordo finalmente por razóns partidistas das organizacións políticas. Aínda así, Cerna, representada no Palamento Galego a través dunha deputada, entende que "o obxectivo principal destas elecións é conseguir unha maioría que aparte do goberno aos partidos do bipartidismo monárquico e á nova dereita de Ciudadanos".

Cerna pensa que "a urxencia da situación de agresión contra a maioría social e a perspectiva dunha reforma da Constitución merecen un esforzo cívico que pase por riba das miserias das cúpulas dos partidos e coalición".  En base a todo isto, Cerna, "a pesar de todo", pide á cidadanía que "participe activamente e vote polas dúas candidaturas resultantes da fallida unidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 Saninho

As dúas candidaturas galegas son Nós e PT. Non sei se contei ben...

1 maritrini

non porque PT non vai coa upgnoscaga. E mais, nin PT nin CG nin PCPG son galegos porque non están na upg. Diria máis, non todo militante da upg e galego porque non ten as condicións. Mira, Paco e o único galego. Por certo por moitos esforzos que fagan certos membros do PCPG ex upg por ser perdoados pola upg non o conseguirán, ainda que fose a upg quen os despreciara e excretara jajajajajajajajaaja. Ata logo paifocos.

2 Dinio

Como que Galegos Fetén???...mais non é na UPG onde militan os Madridistasfutboleiros mais acérrimos (v.g: Bautista, Pucheiro, Pedreira.......???.

4 Carlos Mazás

Cerna non ten ningunha deputada, que nunca se presentou ás eleccións. En tal caso, hai unha deputada no Parlamento grazas aos votos hai 3 anos colleitados por Xosé Manuel Beiras, como aclaración. Cerna, xogando o mesmiño papel que o Colectivo Socialista de Mario López Rico, está a xogar a ser un lobby para " a ver se alguén lles dá algo" e a deputada, despois de trepar na CIG agora intenta colarse en algo a ver se pode repetir a acta de deputada para as vindeiras eleccións galegas. E falan de cúpulas estes "señores"...en fin.

3 cachamuíña

Esquéceste do liberado perpetuo da CIG, que non deu un pau ó auga na súa vida

2 Próculo

Pois eu vou votar ás dúas no mesmo sobre!

1 Doutor Moreno

Francamente, a partires de hoxe poido durmir tranquilo..e aproveito para dar un bó resollido de alivio......posto que esta manifestación do Polikburó de Serna vai se converter no auténtico punto de inflexión no devenir das próximas Xerais na Galiza.....para chegar a esta chorrada de conclusión ("vota a quen che peta...nos non nos mollamos que está moi fria") é preciso manter a chupadeira dunha parlamentaria e demais chiringitos??. Ide para a casa e a Sachar, Mangantes e Malandrukos que sodes...!!!!!!