Denuncian que a Xunta estafa 33 millóns das pagas extras dos funcionarios

CIG-Autonómica di que hai catro novas sentenzas favorables á recuperación dunha cantidade que oscila entre 130 e 500€ correspondente á paga extra de xuño de 2013.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/12/2015 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Os funcionarios aínda teñen pendente de cobrar 33 millóns de euros das pagas extras suprimidas pola Xunta segundo denuncia CIG-Autonómica. Unha cantidade que está recoñecida por catro sentenzas xudiciais que recoñecen o dereito a 1/3 do complemento específico na paga extra de xuño de 2013 e os xuros desde a data de reclamación.

Concentración de funcionarios en San Caetano
Concentración de funcionarios en San Caetano

Unha destas sentenza, estima na súa totalidade a recuperación da totalidade dos dous complementos específicos das pagas extras do 2013 e mesmo condena a 400€ en custas procesuais á Xunta. As catro sentenzas son firmes e non cabe recurso. 

No ano 2013, o goberno de Feijoo decidiu recortar este complemento nas dúas pagas extras de todo o seu persoal pasando a ser Galicia unha das escasas comunidades nas que se aplicou un recorte adicional. “Recorte que continúa hoxe en día e que está previsto que se prorrogue até o 2017 e co que aproximadamente están a quitarnos uns 200 millóns de euros por ano”, indica.

Por iso, estas sentenzas inciden nos fundamentos xurídicos das sentenzas que xa recoñeceran o pagamento dunha parte da extra de Nadal de 2012, polo que o recorte dos meses anteriores de xaneiro e febreiro, apunta, “é ilegal”.

“Desde o 2013 levamos advertindo á Xunta deste tema pero como quen oe chover, polo que só cabe cualificado de estafa a gran escala e que calculamos constitúe para todo o persoal da Xunta ao redor de 33 millóns de € sen contar custas e xuros de demora”, engade.

“Uns sobrecustos e saturación da vía xudicial que lle da igual facer fronte á Administración autonómica porque non sae do peto dos seus responsables políticos. Destacamos que a Xunta é plenamente consciente do seu comportamento pero xoga co efecto numérico das demandas. Un comportamento habitual nas eléctricas ou compañías de telecomunicacións pero que nunha Administración pública resulta vergoñento”, conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta