Temas: ELECCIóNS BNG

Nós reivindica o futuro do campo galego

A candidata ao congreso por Lugo de Nós-Candidatura Galega, Olalla Rodil visitou hoxe, en Ferreira de Pantón, unha explotación de gando ovino e sinalou que “existen diversas posibilidades de produción agrogandeira no país e mozas e mozos dispostas a implicarse”. Rodil coñeceu de primeira man as particularidades deste sector e o plan de futuro do seu propietario, que é un mozo de menos de 30 anos, que “apostou pola vida no rural dende unha perspectiva de modernidade” e engadiu que “vivir no rural é moderno”.

Por Galicia Confidencial | Ferreira de Pantón | 08/12/2015 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Entre as propostas programáticas de Nós-Candidatura Galega está a de rematar coa discriminación que sofren labregas e labregos galegos a especto do apoio público estatal á actividade agraria. En concreto, dixo Olalla Rodil “defenderemos a atribución á Galiza da capacidade para aplicar as axudas directas da PAC, co fin de as adecuar ao modelo de produción específico do noso país”. Apoiar os circuítos curtos de comercialización e de transformación por parte dos e das propias produtoras e e apostar pola produción diferenciada e de calidade é outra das propostas da candidatura nacionalista.

Olalla Rodil visitando unha granxa
Olalla Rodil visitando unha granxa

Olalla Rodil referiuse ás mobilizacións do sector lácteo que comezarán esta semana e lembrou que son moitos os sectores afectados polas políticas “deseñadas dende Madrid e sen contar coas persoas de aquí, que so pretenden vivir do seu traballo cuns prezos dignos”. Rodil sinalou que “tamén a cunicultura, o porcino, a avicultura, o ovino, a horta e outros moitos sectores precisan dunha voz en Madrid que os defenda para poder seguir producindo e mantendo vivo o noso rural”.

“Temos que continuar o traballo feito polo BNG nas institucións de Madrid para que se respecte ás galegas e galegos” afirmou Olalla Rodil e fixo fincapé no traballo realizado, nesta lexislatura, polas deputadas do BNG no congreso que “defenderon moitas e diferentes problemáticas relacionadas cos sectores produtivos” e sinalu que “ningún dos outros deputados eléctos por esta circunscrición do PP e do PSOE fixeron nada por defender as problemáticas especificas do sector agrario e gandeiro galego”.

Temas: ELECCIóNS BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 gomesende

"Viver no rural moderno", xa, que bonito discurso, pero a Olalla escapou do rural. Fuxiu do monte. E ir en uad tamen sera moderno? Ou non tanto, lembra unha americanizacion nada respetuosa co medio. Mais risa ainda, outro candidato que presentan como o "rural" da candidatura, o Ledo Pan, que ten de rural, unha granxa de piollos ou cria volboretas? Tanta farsa xa abonda!