Un dos catro detidos na operación 'Horda', de loita contra o narcotráfico no Salnés, entrará en prisión

En concreto, catro persoas foron arrestadas o pasado martes tras incautarse sete quilos de cocaína e 10 de haxix nunha operación con rexistros nas localidades pontevedresas de Ribadumia, Caldas de Reis, así como en Monterroso.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 12/09/2024 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

A titular do Xulgado de Instrución número dous de Caldas de Reis decretou o ingreso en prisión provisional dun dos arrestados e a posta en liberdade (sen medidas) dos outros tres detidos no marco da operación 'Horda' despregada contra o narcotráfico no Salnés. Segundo informou este xoves o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), todos eles están investigados por un delito contra a saúde pública.

En concreto, catro persoas foron arrestadas o pasado martes tras incautarse sete quilos de cocaína e 10 de haxix nunha operación con rexistros nas localidades pontevedresas de Ribadumia, Caldas de Reis, así como en Monterroso. Fontes próximas á investigación consultadas por Europa Press, detallaron que a operación, denominada Horda, foi levada a cabo por efectivos da Udyco de Pontevedra. No balance provisional, ademais, figura a incautación de 140.000 euros en efectivo, tres vehículos, varios teléfonos móbiles e diversa documentación.

Coche da Policía Nacional
Coche da Policía Nacional | Fonte: POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta