O Parlamento galego reclama de novo descentralizar a xestión dos fondos Next Generation

Así foi acordado a través dunha iniciativa de impulso aprobada na Comisión de Industria celebrada este xoves na Cámara autonómica

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2024 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

O Parlamento galego volveu a reclamar a descentralización da xestión dos fondos europeos Next Generation para que poidan ser distribuídos tamén desde as comunidades autónomas e apoiar, así, a sectores industriais como o do mar.

Así foi acordado a través dunha iniciativa de impulso aprobada na Comisión de Industria celebrada este xoves na Cámara autonómica, onde saíu adiante un texto presentado inicialmente polo BNG que foi modificado a instancias do PP.

Finalmente, a iniciativa aprobada por unanimidade tras aceptar os cambios introducidos polo grupo maioritario avoga por dirixirse á Xunta para que defenda ante o Goberno o acceso aos fondos europeos extraordinarios das empresas do sector mar-industria galego.

Así mesmo, solicita ao Executivo central que proceda á descentralización dos fondos Next Generation para que poidan ser xestionados desde Galicia.

Os outros dous puntos da iniciativa dos nacionalistas foron rexeitados cos votos en contra do PP, que se opuxeron a que a Cámara autonómica reclamase a constitución dunha mesa do sector-mar industria que involucrase a empresas, sindicatos, universidades e Xunta; e darlle prioridade ás empresas afincadas en Galicia.

Comisión 6ª de Industria do Parlamento de Galicia. PARLAMENTO DE GALICIA
Comisión 6ª de Industria do Parlamento de Galicia. PARLAMENTO DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta