Protestas en Galicia contra Turquía polo asasinato de activistas kurdas

A marcha Mundial das Mulleres organiza un acto fronte o Consulado de Turquía na Coruña este xoves.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 21/01/2016 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

As protestas contra a campaña militar iniciada polo Exército turco no Kurdistán xa chegaron a Galicia. A Marcha Mundial das Mulleres organiza este xoves un acto fronte o Consulado de Turquía para denunciar o asasinato de activistas kurdos.

Homenaxe ás activistas kurdas Pakize Nayir, Fatma Uyar e Sêve Demir asasinadas polo Exército turco
Homenaxe ás activistas kurdas Pakize Nayir, Fatma Uyar e Sêve Demir asasinadas polo Exército turco

O 8 de xaneiro de 2016 realizouse o funeral das militantes da esquerda kurda Pakize Nayir, Fatma Uyar e Sêve Demir, que foron asasinadas polas forzas de seguridade do goberno turco o 4 de xaneiro en Silopi.

"Nós, da Marcha Mundial das Mulleres sentímonos en particular moi golpeadas por este crime. Unha delas, Séve Demir, coordinou os eventos de lanzamento dá 4ª acción internacional da Marcha Mundial das Mulleres en Nusaybin", lembra este colectivo.

Unha acción que serviu para que a Caravana feminista europea estivera no territorio kurdo "para apoiar e reforzar ás mulleres kurdas na súa loita pola autonomía e autodeterminación sobre os seus corpos e os seus territorios".

Por iso, esta protesta, que terá lugar ás 20.00 horas ten coma obxectivo denunciar estes asasinatos e tamén facer unha chamamento para evitar o que está acontecendo neste país contra a minoría kurda. "Tamén dando visibilidade ás alternativas construídas pola resistencia das mulleres ao sistema capitalista, colonial e patriarcal", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta