A conexión da operación Frontino con Galicia

As investigadas FCC, ACS e unha empresa pública xemelga de Aquamed participaron en obras como a depuradora de Ferrol. O dimitido número 3 da Vicepresidencia era o interlocutor do Estado para elas.

Por M.V. | Santiago de Compostela | 23/01/2016 | Actualizada ás 20:47

Comparte esta noticia

A operación anticorrupción Operación Frontino provocou a dimisión Fernando Ramos esta semana. A Audiencia Nacional sospeita que o número 3 da Vicepresidencia de Soraya Saenz de Santamaría fixo de intermediario para que a empresa pública Acuamed pagara indebidamente a reparación dunha potabilizadora a FCC. No sumario figura un correo de Ramos apremando a tal pago.

Federico Ramos de Armas, con barba no centro, nunha reunión coa conselleira Vázquez sobre a Ría do Burgo
Federico Ramos de Armas, con barba no centro, nunha reunión coa conselleira Vázquez sobre a Ría do Burgo | Fonte: xunta.es

Alternativa Galega de Esquerda lembra que a empresa estatal Acuaes, que traballa a miúdo en Galicia, é irmán de Acuamed  e, de feito, tiñan unha directiva idéntica cando se produciu o suposto escándalo de pagos indebidos e inflados a construtoras.

En que proxectos participou Acuaes en Galicia? Un dos máis destacados é a polémica depuradora de Ferrol, onde se cobraba a taxa de saneamento á veciñanza sen que a EDAR estivese en funcionamento. Dúas das construtoras que participaron nesta depuradora son a citada FCC e ACS (esta última do presidente do Real Madrid Florentino Pérez). As dúas coñecidas construtoras viron como directivos seus eran detidos na primeira fase da Operación Frontino.

Acuaes colaborou tamén na construción da EDAR de Vigo. Dáse a circunstancia de que Acuaes solicitou á Xunta que aportase 5 millóns de euros por subrecustes, a maiores dos 125 que tiña que achegar nun principio.

AGE lembra que o dimitido subsecretario de Presidencia, Fernando Ramos de Armas,  en asistido a actos públicos de sinatura de convenios coa antiga Consellería de Medio Ambiente para obras deste tipo.  O ex-número 3 da Vicepresidencia tamén levou as negociacións coa Xunta para o saneamento da Ría do Burgo

Ante estas circunstancias, AGE esixe unha auditoría completa de todos os proxectos onde puideran intervir estas empresas públicas no país e que se de conta no Parlamento.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

E haberá que seguirlle a pista ao GRUPO PUENTES Y CALZADAS / e as súas sociedades pantalla instrumentais... // http://www.noticiasvigo.es/aparcame...