Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/01/2016 | Actualizada ás 11:00
A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) denuncia que o Hipercor puxo en marcha a campaña "50% de Rebote" e o leite é un dos produtos que forman parte da mesma. Acompaña a denuncia cunha foto na que efectivamente o supermercado de El Corte Inglés anuncia un litro a 0,78; e de "rebote" outro a 0,39.
Segundo recorda Campo Galego, o portal que sigue polo miúdo a actualidade do agro do país, El Corte Inglés, propietario dos supermercados Hipercor, alcanzou o pasado martes un compromiso coa Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego para subirlle 2 céntimos nos pagos do leite ao seu provedor de marca branca, Central Lechera Asturiana, para que traslade esta subida aos gandeiros.
UCGAL sinla pola súa parte que "non é a primeira vez que atopamos ofertas, promocións ou prezos que, como consumidores responsables, debemos rexeitar". Así lembra que o Supeco de Vilagarcía chegou a vender leite a 28 céntimos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.