Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2024 | Actualizada ás 13:53
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, insistiu en que a atención sanitaria aos mutualistas de Muface está "garantida". Fíxoo a preguntas dos xornalistas, nun acto na Coruña, e despois de que a Xunta demandase ao Ministerio de Sanidade que concrete os seus plans para garantir a prestación a estes mutualistas.
Tamén apelou ao diálogo coas comunidades autónomas despois de que o Ministerio de Sanidade considerase unha opción "viable" incoporar ás persoas mutualistas de Muface á asistencia sanitaria pública tras quedar deserto o concurso convocado para a cobertura sanitaria a estes funcionarios.
O delegado do Goberno incidiu en que "por activa e por pasiva" díxose que "non vai haber desatención sanitaria". "E a partir de aí imos ver se se volve a sacar ou non", sinalou, sen descartar outras vías, sobre o concurso ao que non optaron aseguradoras privadas. Ademais, incidiu en "non mandar unha mensaxe alarmista" ao asegurar que serán "atendidos" sen que haxa para este colectivo unha "desatención sanitaria".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.