A neve cobre media Galicia

Concellos das catro provincias galegas, especialmente de Lugo e Ourense, atópanse nevados. En Manzaneda acumúlanse ata 70 centímetros de neve. En varios puntos é necesario o uso de cadeas. Vídeos e fotos no interior.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/02/2016 | Actualizada ás 11:38

Comparte esta noticia

Boa parte da provincia de Ourense e de Lugo, así como as zonas altas de Pontevedra e da Coruña amenceron nevadas polo temporal de frío que padece Galicia este sábado. De feito, as nevadas das últimas horas están a condicionar a circulación rodada en varios puntos da alta montaña.

A neve chegou a Vila de Cruces, en Pontevedra
A neve chegou a Vila de Cruces, en Pontevedra | Fonte: FB Cristina Salgado

Polo momento, ningunha estrada da rede viaria sufriu cortes de tráfico durante a madrugada, informou a central que se ocupa da atención á coordinación das emerxencias en Galicia.

En Pedrafita do Cebreiro é obrigatorio o uso de cadeas e quedou prohibida agora a circulación de vehículos articulados na LU-633 que comunica con Triacastela. En Ourense hai este mesmo impedimento, pero para vehículos articulados, en cabeza de Manzaneda, na OU-0704. De feito é neste concello onde as condicións metereolóxicas son máis adversas, con acumulacións de neve de ata 70 centímetros.

En Pontevedra aconséllase circular con precaución no Deza e é precisamente esta provincia na que se están contabilizando un maior número de incidencias, concretamente 19 entre o nove da pasada noite e o seis da madrugada.

Séguelle Ourense, onde se rexistraron cinco, e aínda que a alerta laranxa por neve non afecta á Coruña, o xeo dificultou circular en Ordes, Cerceda e Melide. En Cerceda un home, que resultou ferido leve, sufriu por esta causa unha saída de vía co seu vehículo na vía que une Culleredo co Mesón do Vento.

Lalín, chea de neve
Lalín, chea de neve | Fonte: FB Berta Bodaño

Así estaba o Cebreiro na tarde deste venres:

Palas de Rei, cuberta de neve
Palas de Rei, cuberta de neve | Fonte: FB Silvia Pena
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta