Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2025 | Actualizada ás 18:45
Unha persoa tivo que se trasladada tras chocar co seu vehículo contra o tanatorio de Santa Marta na rotonda de Bértoa, no concello coruñés de Carballo.
Segundo informou o Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña, o suceso produciuse sobre as 19.55 horas deste sábado e ata o punto desprazáronse os Bombeiros do parque comarcal de Carballo.
O condutor, único ocupante do vehículo, foi trasladado en ambulancia polo persoal Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao Chuac.
No operativo tamén interveu a Policía Local e Protección Civil de Carballo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.