Temas: MúSICA

Sons Miúdos, o mellor da música infantil galega en directo

Continúa a xira dun espectáculo de gran formato deseñado para percorrer os principais teatros e auditorios de Galicia congregando os miles de fans da música miúda galega.

Por GC Tendencias | Pontevedra | 31/03/2016 | Actualizada ás 20:46

Comparte esta noticia

A música galega está pasando por un excelente momento, pois conta na actualidade con grandes e variadas propostas entre as cales destacan as destinadas ao público máis pequeno. Tanto é así que se pode dicir que Galicia e o galego están á cabeza do Estado en canto á creación de música infantil grazas a grupos como Mamá Cabra, A nena e o grilo, María Fumaça ou cantantes como Pablo Díaz, Paco Nogueiras, Xoán Curiel ou Sergio Tannus, creadores de propostas de altísima calidade que, ademais de ser didácticos e de facer un labor de normalización lingüística, tamén están logrando introducir ás nenas e nenos de Galicia no gusto pola música de diversos xéneros.

Actuación de Mama Cabra
Actuación de Mama Cabra | Fonte: mamacabra.wordpress.com

Tendo en conta todo isto, “Sons miúdos” quere facer evidente a gran riqueza do panorama musical galego infantil a través dun espectáculo que consegue reunir enriba dun mesmo escenario aos máis importantes músicos e cantantes destes grupos galegos.

Son Miúdos estará en Pontevedra o Sábado 16 de abril. As entradas poden mercarse en Ataquilla dende só 7 euros, gratis para os menores dun ano.

 

Conducido pola actriz Montse Piñón e o actor Pepablo Patiño irase fiando unha narración de xeito teatral que percorrerá a historia da música galega infantil dos últimos 15 anos a medida que se vai tocando unha lista de cancións escollida entre o repertorio dos e das cantantes colaboradores e tocada e cantada polos seus protagonistas.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta