Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2025 | Actualizada ás 14:52
O Equipo do Seprona da Garda Civil de Tui investiga a un home de 56 anos, veciño da Guarda e con antecedentes policiais, por un suposto delito de abandono animal, tras abandonar nun aparcadoiro unha camada de cinco cachorros.
O pasado mes de febreiro, os axentes tiveron coñecemento de que fora abandonada unha camada de 5 cachorros nas proximidades dun aparcadoiro de terra da localidade da Guarda. Foi un veciño da zona o que os escoitou queixándose, recolleunos e levounos ao seu domicilio. A mañá seguinte levounos a unha clínica veterinaria.
Practicadas distintas xestións, os axentes localizaron ao dono dos cachorros abandonados que, unha vez preguntado sobre os feitos, admitiu deixalos abandonados neste parking pensando que os veciños os ían a recoller. Por iso procédese á investigación desa persoa como suposto autor dun delito de abandono animal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.