Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2025 | Actualizada ás 20:52
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, desprazarase este martes a Sevilla, onde manterá un encontro co presidente de Andalucía, o seu compañeiro de filas no PP Juan Manuel Moreno. Xa o mércores, e no marco dunha rolda con outros mandatarios do país, Rueda verase en Melilla co seu presidente, o tamén popular Juan José Imbroda.
Ademais, participará nos actos centrais polo Levantamento do Sitio e descubrirase un fito do Camiño de Santiago na Praza de Armas da cidade autónoma. Un día antes, este martes en Sevilla, Rueda estará acompañado do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, na súa reunión con Moreno. Posteriormente, acompañados do presidente da Xunta de Andalucía, descubrirán un monólito do Camiño de Santiago.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.