Meritorios no 2015

Teresa Portela e Gómez Noya, COB e Atlético Guardés, Adrián Ben e Miguel Alvariño, entre os galardoados cos premios do Deporte Galego 2015. A gala de entrega celebrárase o vindeiro 12 de maio no teatro Principal de Ourense.

Por gcdeportes | Ourense | 15/04/2016 | Actualizada ás 08:54

Comparte esta noticia

“O nivel do noso deporte é incuestionábel: só hai que mirar os galardoados, e o traballo e esforzo que se atopa detrás de cada un dos seus méritos”, apuntou Xosé Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, no anuncio dos premios do Deporte Galego 2015. Entre as 17 categorías, destacan o triatleta Javier Gómez Noya e a padexeira Teresa Portela, elexidos mellores deportistas masculino e feminino, que estarán non vindeiros Xogos Olímpicos de Río’2016 representando a Galicia. Tamén estará en Río, con toda seguridade, o arqueiro pontés Miguel Alvariño, premio deportista revelación do 2015 xunto co atleta lucense Adrián Ben.

Maikel Alvariño, nunha tirada da final.
Maikel Alvariño, nunha tirada da final. | Fonte: COE

Os deportistas recibirán os seus galardóns o vindeiro xoves 12 de maio nunha gala que se celebrará no teatro Principal de Ourense, coa que se saldará, segundo Lete Lasa, unha débeda coa cidade das Burgas, que non acolleu estes premios nos últimos anos.

Ademáis de Gómez Noya, pentacampión mundial de tríatlon, e Teresa Portela, que disputará en Río as súas quintas olimpíadas, tamén serán premiados Susana Rodríguez Gacio, mellor deportista feminina con discapacidade, e Martín de la Puente, tenista vigués de 16 anos, na categoría masculina, ambos clasificados xa para os Xogos Paralímpicos de Río.

O concello de Arteixo e a firma Alcer foron elexidos nos premios Galicia Saudable ás mellores entidades pública e privada do 2015. Club Ourense Baloncesto recibirá o premio como mellor equipo masculino, e Atlético Guardés, como mellor equipo femenino; e o Club Ciclista Maceda, premio á mellor entidade na promoción do deporte base. O premio para o mellor adestrador foi para o pontevedrés Rafael Vázquez (bádminton). Ademáis, a mención especial será para o ximnasta ourensán Daniel Pérez.

O secretario xeral para o Deporte, e presidente do xurado dos premios, fixo pública a lista de galardoados no salón de plenos do concello de Ourense, acompañado polo alcalde Xesús Vázquez e a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira. O alcalde salientou que Ourense, cos premios Deporte Galego e o comezo da Vuelta a España’2016, será este ano a capital galega do deporte.

Lista de galardoados 2015

Premio á mellor deportista feminina: Teresa Portela.
Premio á mellor deportista feminina con discapacidade: Susana Rodríguez Gacio.
Premio ao mellor deportista masculino: Javier Gómez Noya.
Premio ao mellor deportista masculino con discapacidade: Martín de la Puente.
Premio ao mellor equipo feminino: Atlético Guardés.
Premio ao mellor equipo masculino: Club Ourense Baloncesto SAD.
Premio ao mellor equipo de deportistas con discapacidade: Racing Club Chapela.
Premio á mellor entidade na promoción do deporte base: Club Ciclista Maceda.
Premio deportista revelación (ex aequo): Adrián Ben e Miguel Alvariño.
Premio mellor adestrador: Rafael Vázquez López.
Premio mellor árbitro-xuíz: María Bautista Maestre.
Premio ao mellor labor informativo: suplemento Máis Deporte (La Región).
Premio ao mellor evento deportivo: Gran Premio de Marcha Cantones de A Coruña.
Premio ao patrocinio deportivo: Abanca.
Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa: Concello de Arteixo.
Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa: Alcer Coruña.
Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa: IES Mugardos.
Mención especial: Daniel Pérez Morales.

A canguesa Teresa Portela, leda tralo pase á final.
A canguesa Teresa Portela, leda tralo pase á final. | Fonte: @rfepiraguismo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Antinostrus

Home eu coido que no Listado en c uestión, , e como Galardón ao Maior Mamonazo e Tocabolas do 2015, falta o CipaioMonneuronalMercenario do Nostrus..........(Sae da Corte Noooossstriños, que che hai que cambiar o Toxo para te deitares e enzoufares...). E o do seu "father missing" deixarémolo para outro dia.............