Denunciado por maltratar e abandonar 19 cabras e ovellas

A Garda Civil toma declaración a outro home por apropiación indebida, ao non devolver un coche alugado

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 25/03/2025 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

A Garda Civil citou a declarar, en calidade de investigado, a un veciño de Ourense por supostamente maltratar e ter abandonadas a 19 cabreas e ovellas nunha leira. No marco da Operación 'MARCO', desenvolvida polo Seprona de Ourense para verificar a normativa de seguridade da cadea agroalimentaria, os axentes realizaron varias inspeccións á leira con persoal veterinario da Consellería de Medio Rural da Xunta.

Durante estas pescudas, os profesionais constataron que os 19 animais que había na parcela, das especies ovina e caprina, estaban "esfameados e en situación de desnutrición por falta de alimento propio, xa que soamente se alimentaban polos polas poucas herbas que xeraba a propia leira", relata a Garda Civil. Ademais, a auga facilitáballa o dono da leira e non o propietario dos animais.

Xunto a isto, na superficie do terreo atopábanse os cadáveres de dúas ovellas e un año que estaban en estado de descomposición. Tamén había restos de la amontoada en varios puntos diferentes da parcela, o que indicaba a posible morte doutros exemplares. Así mesmo, o alpendre que dispuñan os animais para resgardarse das inclemencias meteorolóxicas tiña "un tamaño reducido que carecía das condicións mínimas hixiénico sanitarias, iluminación e ventilación adecuada", engade o Instituto Armado.

APROPIACIÓN INDEBIDA

Por outra banda, a Garda Civil de Celanova tomou declaración, en calidade de investigado, a outro veciño de Ourense de 34 anos por apropiación indebida dun vehículo. Denunciouno unha empresa de aluguer de coches despois de que, supostamente, o home non devolvese o vehículo na data contratada.

Ovellas pacendo
Ovellas pacendo | Fonte: GC - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta