Como crear un logo para unha empresa ou comercio

Tanto se contratamos un deseñador como se empregamos unha xerador de logos en liña, sempre cómpre respectar unhas regras básicas como a simplicidade, durabilidade, xeometría, etc.

Por M.V. | Santiago de Compostela | 21/04/2016 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

Ao igual que o slogan, o logotipo da nosa empresa ou comercio é unha arma de mercadotecnia fundamental. Nun mercado saturado de marcas e competidores, a miúdo temos moi poucos segundos para deixar a nosa pegada na mente dun cliente potencial. Segundos que debemos aproveitar para transmitir os valores singulares da nosa compañía e diferenciarnos fronte ao resto.

Centro comercial con multitude de logos de diferentes marcas, incluída Zara
Centro comercial con multitude de logos de diferentes marcas, incluída Zara | Fonte: pixabay

Para levar a cabo as nosas ideas, podemos recorrer ao método tradicional: contactar cun estudio de deseño, entrevistarnos con eles para transmitirlles a nosa idea e -unha vez pactado o prezo- ir retocando diferentes borradores até quedarmos satisfeitos. Un proceso que implica investir diñeiro e bastante tempo e, cómpre nunca esquecer isto, o noso tempo tamén son cartos.

Outra solución máis rápidaé empregar un creador de logos en liña. En moi poucos pasos e menos de dez minutos, podemos ter o noso logotipo listo grazas a que esta ferramenta traballa cunha enorme cantidade de imaxes prediseñadas, que podemos persoalizar ao noso gusto de xeito moi simple, a través do navegador. No mesmo proceso, ademais, podemos deseñar a nosa tarxeta de visita e reservar o dominio de Internet para o noso proxecto empresarial. O prezo, ademais, soe ser moi barato, incluso gratis nas versións máis básicas. 

Escollamos un xeito ou outro, cómpre ter claro unha serie de premisas básicas para obter un bo logo. Unha moi importante é non complicar o deseño. Os logos máis famosos tenden a explotar formas xeométricas -por exemplo as letras de Google- ou elementos cotiás moi recoñecíbeis levemente modificados -a mazá de Apple mordida é un exemplo clásico . A clave é construír unha imaxe que nos represente e, ademais, sexa doada de memorizar. 

Outro aspecto a ter en conta é que os logotipos deben ser perdurábeis e válidos para diferentes formatos. Así, nos tempos que corren, non ten sentido meterse a deseñar un logo que non funcione nun tamaño moi pequeno, pois probablemente o teremos que usar -por exemplo- nuns poucos píxeles como elemento identificador da versión móbil da nosa web. Neste sentido, cómpre lembrar esixir sempre a quen nos deseñe o logo a súa imaxe en formato vectorial, que nos permitirá agrandar ou facer máis pequeno o deseño sen perder nunca calidade. 

Por último, os logotipos deben ser sempre perdurábeis no tempo. Cómpre non deixarse levar polas modas puntuais, por exemplo empregando emoticóns de móbil, que hoxe poden ser moi populares pero que poden desaparecer por completo dentro duns anos. Isto non quere que non poidamos actualizar o noso logotipo, como fixeron ao longo dos anos marcas como a Coca Cola os partidos políticos como o PSOE , pero sempre conservando unha identidade corporativa que nos permita renovarnos pero mantendo o que nos diferencia dos outros. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta