O .gal un 30% máis barato no Día do Libro

Pola compra dun libro, os cidadáns recibirán un código para facerse cun dominio por 15 euros. O .gal segue a ser o dominio lingüístico europeo menos popular.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/04/2016 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

A Asociación puntoGAL e a Federación de Librarías de Galicia unen as súas forzas no próximo Día do Libro. O vindeiro sábado 23 de abril, pola compra dun libro as librarías colaboradoras regalarán unha fita marcadora cun código de desconto polo que o prezo final

Directivos de puntoGAL no Parlamento
Directivos de puntoGAL no Parlamento

do rexistro dun .GAL será de 15€.

Na actualidade o puntoGAL anda en ao redor dos 50 euros. Por exemplo, unha dirección .gal en Dinahosting -a única empresa galega acreditada para vender dominios de Internet- custa 50,95. Polo tanto, esta promoción supón unha rebaixa de ao redor do 30%

Dinahosting suma o 68,2% da cota de mercado dos 3.002 dominios que arestora hai rexistrados no .gal, segundo datos de NTLDstats.  PuntoGal celebra estes días ter xa 3.000

nomes rexistrados, “un logro de toda a sociedade galega”.

Imaxe promocional da galega Dinahosting sobre o lanzamento de puntoGAL en xaneiro de 2015
Imaxe promocional da galega Dinahosting sobre o lanzamento de puntoGAL en xaneiro de 2015 | Fonte: ortegalingua.blogspot.com

A Asociación puntoGAL promete máis “promocións sectoriais con asociacións culturais e así coma convenios con diferentes entidades para que a cultura en internet teña o apelido .GAL e ir, pouco a pouco, aumentando ese número de 3.000 dominios rexistrados ao que acabamos de chegar nestes días”.

Malia o significativo e mérito da cifra dos 3.000, o .gal segue a ter menos bastantes rexistros que outros dominios similares que naceron máis ou menos no mesmo tempo. Tal é o caso doutros identificadores culturais e lingüísticos europeos como o .eus (5.303), .scot (11.075), .bzh (5.667) ou cymru (5.734).

A campaña, que conta coa colaboración da Xunta a través de Galicia Calidade, foi presentada en rolda de prensa este mediodía en Santiago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 ESPAÑA

Mexo completamente, vamos. Ofeeeertaaaaaaaaaaa, rebaixaaaaaaaaas LooooooL De cogna, vamos. O .gal está asociado ao nacionalismo, coas súas estridencias e follones, os rollos dos típicos tarados que o mesmo lles da por apoyar o glo-gló e trakatrá da memoria histórica, aos completamente tarados de Resistencia Galega, ou as coplas de Calaínos. A ideoloxía é o de menos, so hai barbarie, zafiedade, soecidade, malos instintos, e o que é, para min cando menos, peor: estupidez, estupidez, estupidez. Con estes bimbios, ao igual que ninguén presenta un CV en galego porque te poden confundir cun nacionalista, aquí ninguén vai usar o .gal por propia iniciativa. Sempre están as coaccións de piquetero, e ao mellor así si, pero sen impoñelo, tururú, tururú, tururú.

1 teutonio

Grande, describes un prexuízo na nosa sociedade, bastante desprezable por certo e que limita a liberdade do uso de milleiros como se fose algo perfectamente normal, lexítimo e que non merece ningún tipo de desprezo. Aínda das máis razóns pra facer política lingüística.

2 ToleirondoVao

Tranquilos home, que nuns intres chegan nostrus e algún outro a darnos leccións de liberdade, extraídas dos seus manuais de defensa contra o nacionalismo opresor A todo isto, non deixedes de visitar a web www.presidente.gal jajaja