Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2025 | Actualizada ás 22:56
Unha colisión en cadea con 14 vehículos implicados, entre eles un autobús, ocorrido na Autovía do Barbanza, á altura de Rianxo, deixou finalmente a 9 persoas feridas, segundo informou o 112 Galicia. O dispositivo obrigou a pechar a estrada en sentido Ribeira no quilómetro 10, aínda que neste momento xa está aberto un carril de circulación.
Segundo informou previamente o 112 Galicia, o accidente sucedeu na AG-11 pouco despois das 19.30 horas da tarde deste venres, cando un particular informaba dunha colisión entre varios coches no quilómetro 14 da citada vía, á altura da parroquia rianxeira de Isorna. Nun primeiro momento, o alertante explicaba que inicialmente se tratou dunha colisión entre tres vehículos, e que a continuación chocaran en cadea os restantes.
Aínda que inicialmente informouse de que había 14 vehículos implicados, a Garda Civil de Tráfico confirmou tras a súa intervención que eran un total de 11, entre eles un autobús de pasaxeiros no que todos os ocupantes resultaron ilesos. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os bombeiros de Boiro e de Ribeira, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local, os voluntarios de Protección Civil de Rianxo e os servizos de mantemento da autovía.
Accidente na AG-11 | Fonte: Redes sociaisView this post on Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Sabes onde comezou as vacacións o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda?
- A USC colaborará con Microsoft no desenvolvemento dun modelo de intelixencia artificial en galego
- Falecen dúas persoas nun accidente de tráfico en Mesía
- As limitacións no consumo de auga chegan a varias localidades galegas
- Organizacións antitaurinas denuncian o "acceso de menores" ás corridas de touros en Pontevedra
- A fábrica de Ence nas Pontes recibe a Autorización Ambiental Integrada