OPINIÓN.- Máxima eficacia na presentación de proxectos ó Fondo

Neste artigo a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Lara Méndez, destaca as inversións que o Fondo Estatal de Investimento Local deixará nos concellos de Lugo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 11/02/2009

Comparte esta noticia

None

A Deputación de Lugo contribuíu a este éxito aportando de xeito voluntario un Fondo Extraordinario de preto de 1,5 millóns de euros que complementa ó Fondo Estatal. A institución provincial subvencionou O 4% necesario para a redacción dos proxectos técnicos, un gasto que en principio debían asumir os propios Concellos. Ademais, os servizos técnicos provinciais resolveron máis dun cento de dúbidas plantexadas polas Entidades Locais relativas ó proceso de presentación de solicitudes.

Desde esta Deputación fomos conscientes desde o primeiro momento da importancia do Fondo Estatal de Investimento Local para crear emprego nun momento especialmente complicado e, ó mesmo tempo, mellorar as infraestruturas dos nosos Concellos. Pero tamén era necesario ter en conta que o prazo para a presentación dos proxectos era curto e de que algúns municipios, sobre todo os máis pequenos, poderían ter problemas á hora de asumir o custe da redacción dos proxectos. Por iso, no prazo de tan só de 24 horas desde que o Goberno de Rodríguez Zapatero aprobou esta medida, o noso Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, puxo en marcha o mecanismo necesario para crear un Fondo Extraordinario e poñer a disposición das Entidades Locais os servizos provinciais de asesoramento. O obxectivo era que non se perdese nin un só euro dos previstos polo Fondo por non presentar os proxectos a tempo, e cumpriuse ó 100%.

Pero non falamos só de cifras abstractas. Todos os proxectos teñen nome e apelidos: a rexeneración do entorno do parque infantil de Lavandeiras, en Viveiro; a construción dunha depuradora na Fervedoira, en Lourenzá,; a eliminación de barreiras arquitectónicas na rúa Valle Inclán e no edificio multiusos de Monforte de Lemos; a remodelación de todo o alumeado público da zona rural de Monterroso… e así ata 456 proxectos solicitados. Unha boa parte das iniciativas plantexadas polos municipios van dirixidas a mellorar as condicións de vida no medio rural, como pavimentacións de vías, melloras no alumeado ou obras de abastecemento e saneamento.

En definitiva, con este Fondo non só se creará emprego, senón que se acometarán infraestruturas que poderán ser disfrutadas polos veciños e veciñas desta provincia durante moitos anos. E todo isto é posible grazas a suma de esforzos de tres administracións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA