De que cor pinto o meu negocio?

Cada cor está vinculado a uns valores que poden axudar a, en primeiro lugar, diferenciarnos dos competidores e, en último término, aumentar as nosas ventas.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 03/05/2016 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

Determinar que cor vai empregar a nosa marca ou o noso logotipo é un dos pasos máis importantes para desenvolver con éxito unha estratexia de negocios.

Centro comercial con multitude de logos de diferentes marcas, incluída Zara
Centro comercial con multitude de logos de diferentes marcas, incluída Zara | Fonte: pixabay

O estudio dos efectos das cores no compartamento das persoas é un dos campos clásicos dos experimentos de campo da psicoloxía condutiva. Hai tempo que os científicos descubriron que usar determinadas cores axudan a transmitir certas sensacións -por exemplo é coñecida que o azul transmite serenidade, e por iso é común nos partidos políticos conservadores, mentres que o verde nos lembra ao campo, e por iso é común entre os grupos ecoloxistas. 

Os publicistas explotan estas cualidades das para impular os procesos de vendas e polo tanto aumentar as cifras de negocios.  E é que a maioría dos consumidoresconsidera que a aparencia visual dun produto é moi importante ao tomar a decisión de compra.

Debemos ter en conta que nos primeiros segundos a maioría da información que recibe o consumidor sobre o noso produto está relacionada coa cor.  Polo tanto, será esa cor ademais, un elemento determinante para axudar ao consumidor a lembrar o noso produto. De aí a importancia de diferenciarse das demais gamas de cores que usa a competencia.

Temos un claro exemplo de como funciona este aspecto memotécnico no mercado actual entre opradores telefónicos, onde cada un está asociado a unha cor: Movistar o azul, Vodafone o vermello, Oragne o laranxa, etcétera. 

Cores en bricks de Leite Muuu, asociadas a un determinado tipo de leite
Cores en bricks de Leite Muuu, asociadas a un determinado tipo de leite

É importante sinalar que son os colores primarios e secundarios os máis doados de percibir e lembrar e, polo tanto, son tamén os máis empregados nas marcas e logotipos. En particular o que http://comose.net chama colores psicolóxicos: vermello, amarelo, verde e azul.  A pregunta clave é que cor escoller para diferenciar o noso produto. Velaquí un gráfico que resume as diferentes variábeis que debemos ter en conta: 

.

Agora ben, isto non son matemáticas, por moito que pintemos de cor o noso produto non vai vender se falla noutros aspectos, como o prezo ou os valores asociados. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta