Por Europa Press / Redacción | VIGO | 02/05/2025 | Actualizada ás 17:29
Un home faleceu na mañá deste pasado xoves en Pazos de Borbén tras supostamente sufrir unha indisposición mentres circulaba cun 'chimpín'.
Foi sobre as 11.00 horas cando o 112 Galicia tivo constancia dos feitos a través dun particular, que alertaba de que un home estaba inconsciente tendido no chan á beira do seu vehículo agrícola.
En concreto, todo ocorreu no lugar do Valado, na parroquia de Nespereira. Segundo explicaba esta persoa, o home podería sufrir unha indisposición, dado que o vehículo non estaba accidentado. Por iso, ata o punto desprazouse un helicóptero medicalizado do 061-Galicia. Con todo, os profesionais sanitarios non puideron máis que confirmar a morte do home. Tamén acudiron ao lugar a Garda Civil e o GES de Mos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.