Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2025 | Actualizada ás 18:03
A Policía Nacional desenvolveu este mércores un operativo antidroga na zona de Arousa, que se saldou, polo momento, con oito detencións e a desarticulación dunha organización local de tráfico de estupefacientes.
Así o confirmou o subdelegado do goberno en Pontevedra, Abel Losada, que sinalou que a actuación foi levada a cabo por efectivos do GRECO da Policía Nacional desprazados desde Madrid.
Ademais do oito detencións, practicáronse cinco rexistros en diferentes puntos e interviñéronse pequenas cantidades de cocaína, heroína e haxix, así como material para a manipulación destas sustancias.
Losada, que felicitou á Policía pola súa "profesionalidade", explicou que a operación segue aberta e que a causa foi declarada secreta. "Todos os golpes ao narcotráfico son sempre boas noticias", proclamou, e lembrou que "sacar droga da rúa" contribúe a mellorar a seguridade cidadá.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.