Detido un veciño de Aranga tras unha denuncia dunha peregrina por agresión sexual

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2025 | Actualizada ás 20:32

Comparte esta noticia

Un veciño de Aranga foi detido tras unha denuncia dunha peregrina alemá por agresión sexual á que supostamente abordou co seu coche.

Segundo explican a Europa Press fontes coñecedoras dos feitos, a muller atopábase camiñando a uns dous quilómetros do albergue de Presedo, de Abegondo, aínda que nese momento non estaba a realizar o Camiño, cando subiu ao coche do home o pasado domingo.

Tras lograr escapar da agresión, a muller chegou ao albergue de Presedo, no Camiño Inglés, onde relatou o sucedido ante tradutores e persoal municipal que lle cominaron a presentar denuncia. Así mesmo, foi trasladada a un centro de saúde. A detención do home produciuse o pasado luns e quedou en liberdade tras a súa declaración, indican as mesmas fontes.

Peregrino
Peregrino | Fonte: Eduardo Sanz - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta