#RefuGal: innovación hacker e tecnoloxía a prol dos refuxiados dende a Galicia rural

O espazo de 'coworking' Sende, en Lobeira, acolleu o Hackathon for Refugees - Galicia, que se sumou ó movemento ​‘Techfugees​’, con réplicas nas principais capitais do mundo, coma Berlín, Nova York, Sydney ou Telaviv.

Por Alberto Quian | Lobeira | 08/06/2016 | Actualizada ás 12:23

Comparte esta noticia

O activismo e as habilidades hackers veñen converxendo dende a década de 1990 para a defensa dos dereitos humanos en todo o mundo mediante o uso da teconoloxía. Dende un recuncho da Galicia rural, quince emprendedores e activistas puxeron en marcha un hackatón —encontros abertos para o desenvolvemento colaborativo de software ou hardware— no espazo de traballo e de convivencia Sende, situado en Lobeira (Sende). O obxectivo: deseñar solucións creativas que apoien no terreo a crise humanitaria dos refuxiados.

Tres das participantes no #RefuGal
Tres das participantes no #RefuGal | Fonte: sende.co.

A iniciativa galega sumouse así ó movemento ​‘Techfugees​’, que tivo réplicas nalgunhas das principais capitais do mundo, coma Berlin, Nova York, Sydney, Telaviv, París, Londres ou Sydney.

Segundo os propios promotores da iniciativa, a cita do escritor uruguaio Eduardo Galeano “Moita xente pequena, facendo cousas pequenas en lugares pequenos poden cambiar o mundo”, ben podería "describir a experiencia social vivida na aldea ourensá de Senderiz".

O evento contou coa colaboración de empresas e asociacións locais como Espacio Arroelo, Impact Hub Ría de Vigo ou Sende, e co patrocinio de SolidQ e Dinahosting, "con quen se poñerá en común as conclusións para seguir traballando o desenvolemento das primeiras ideas e prototipos conseguidos", indican os promotores.

PROXECTOS DESENVOLVIDOS

O Hackathon for Refugees (Galicia) tivo como obxectivo a creación de ferramentas de apoio para facilitar o traballo das ONG e a autonomía diaria dos refuxiados de calquera nacionalidade durante a súa travesía. 

#RefuGal, innovación e tecnoloxía a prol dos refuxiados
#RefuGal, innovación e tecnoloxía a prol dos refuxiados | Fonte: sende.co.

Os participantes desenvolveron tres proxectos en pequenos grupos durante os dous días de convivencia, esta fin de semana pasada. Os traballos xurdiron tras varias sesións de debate sobre as necesidades dos refuxiados e as organizacións non gubernamentais (ONG) que traballan sobre o terreo para asistir a milleiros de expatriados que están chegando a Europa de Oriente e norte de África.

Un dos proxectos desenvolvidos foi Game for Change, unha plataforma web para conectar a persoas refuxiadas con voluntarios mediante xogos colaborativos en línea e chats con traducción simultánea.

Outro dos proxectos é Refu.gal, un GPS para barcos para permitir que, mediante dispositivos móbiles, as organizacións podan monitorizar o seguemento de embarcacións nas que chegan a Europa os afectados polas guerras e pobreza.

Por último, Red Alert Refugees​ é un deseño de prototipo para web e campañas crowdfunding para visibilizar a actividade desta organización galega que coordina unha rede de voluntarios por toda Europa

“Estamos convencidos de que mediante as novas tecnoloxías e, sobre todo, o poder da xente pódese xenerar unha intelixencia colectiva que axude a solucionar problemas e situacións coas que moitos cidadáns non estamos de acordo”, conclúe ­ África Rodríguez, xestora e fundadora de Espacio Arroelo ​.

Tormenta de ideas no #RefuGal
Tormenta de ideas no #RefuGal | Fonte: sende.co.
Un momento do Hackathon for Refugees en Senderiz, Lobeira
Un momento do Hackathon for Refugees en Senderiz, Lobeira | Fonte: sendo.co.
O Hackathon for Refugees tivo lugar no espazo colaborativo Sende, no rural galego
O Hackathon for Refugees tivo lugar no espazo colaborativo Sende, no rural galego | Fonte: sende.co.
Participantes no Hackathon for Refugees Galicia
Participantes no Hackathon for Refugees Galicia | Fonte: sende.co.
Reunión de traballo no Hackathon for Refugees celebrado en Senderiz (Ourense)
Reunión de traballo no Hackathon for Refugees celebrado en Senderiz (Ourense) | Fonte: sende.co.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Álvaro Espadas

Wow no sabia que hubiera una comunidad tan extendida de hackers en Galicia, la verdad que mientras sea para bien y no se usen para haver el mal o intentar hackear programas mejor, el otro día vi uno que lo hizo cuando intentaba descargar minecraft pocket edition en mi pc.