A actividade industrial galega crece o dobre que a media española

Un novo informe do Foro Económico de Galicia salienta o crecemento da industria galega no primeiro trimestre de 2016, que creceu un 5,3%, un chisco máis do dobre que a media estatal. Porén, o PIB galego crece por debaixo do global de España e seguimos perdendo poboación activa.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 13/06/2016 | Actualizada ás 16:08

Comparte esta noticia

A economía galega mantén no primeiro trimestre deste ano “o seu dinamismo, rexistrando por sexto trimestre consecutivo taxas de crecemento interanuais á alza”, segundo o Foro Económico de Galicia, que presentou este luns en Santiago de Compostela o II Informe de Conxuntura Socioeconómica do ano 2016. O documento sinala o sector industrial como clave no crecemento que está experimentando a economía galega.

Traballador do sector industrial
Traballador do sector industrial | Fonte: Europa Press.

O documento salienta que a actividade industrial galega medrou un 5,3% no primeiro trimestre de 2016 (fronte ao +2,6% do PIB industrial de España) e xerou a maior parte do emprego.

O Produto Interior Bruto galego medrou un 2,8% no período analizado, fronte a un crecemento medio estatal de +3,4%. A industria e, máis concretamente a industria manufactureira galega, apunta o informe, é a principal causa do crecemento, xunto co sector da construción, que medra case un punto máis que a media española.

Os expertos do Foro Económico de Galicia sinalan que se durante a crise Galicia perdeu 8,5 puntos de PIB, nos dous últimos anos conseguiu recuperar 3,9 puntos. Neste contexto, os sectores con crecemento máis débil son o primario e os servizos.

EMPREGO

A finais de marzo, segundo este informe, Galicia rexistrou 1,02 millóns de persoas ocupadas, das cales 934.674 están dadas de alta na Seguridade Social, cunha taxa de paro do 18,2%. Os economistas galegos subliñan que a comunidade autónoma destruíu o 18,6% dos seus empregos entre 2008 e 2014 e ata o momento recuperou un 3% dos postos de traballo perdidos. Con todo, o dato máis preocupante da economía galega, recalcan no informe, “segue a ser a constante perda de poboación activa: no primeiro trimestre de 2016 os activos volveron baixar en 14.200 persoas”.

O informe foi coordinado polo profesor Fernando González Laxe e asinado polos expertos José Francisco Armesto, Patricio Sánchez e Santiago Lago, participando na súa elaboración o Grupo GEN (Governance and Economics Research Network) da Universidade de Vigo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Hioto

Sin duda una buena noticia para los gallegos y una pésima nueva para la UPG. Por eso desaparecen.

1 Obrigados!

Hai que agradecerlle á presada toda de españolistas resentidos a cantidade de visitas e por tanto de cartos que dan á prensa en galego. Unha prensa autofinanciada, a diferenza dos panfletos en castelán utrasubsidiados que saen de Sabón e de Vigo diariamente. Xa sabemos cal é a lingua das subvencións e non é o galego precisamente. O dito, parabéns á españolada toda polas achegas á prensa galega e en galego.

2 Galiza ceive

Concordo. Que se molesten en vir mirar o que hai na rede galega é síntoma de que a consideran relevante. A min hai tempo que me botaron da outra, da cipaia. Botáronme con tanto abuso e con tanta campanha nacionalista espanhola pagada con cartos públicos para falar do que custa o galego. Igual desaparezo eu. Sei que é o que perseguen as suas políticas.