Isca celebra o seu aniversario con formación e concertos

Isca, unha das organizacións de mozos que participan no BNG, celebra o seu décimo aniversario. Co gallo desta celebración, convoca unha xornada de “formación, loita e festa” o vindeiro sábado 18 de Xuño en Compostela.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 15/06/2016 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Así os mozos nacionalistas organizarán varios relatorios no Centro Social da Gentalha do Pichel. As conferencias versarán sobre os dereitos laborais e a propia organización do colectivo. Na primeira participarán Raquel Vázquez, militante da CIG e presidenta do Comité de Empresa de Unísono e  Antolín Alcántara, militante da CIG e Secretario Confederal de Negociación Colectiva do sindicato. Na segunda falarán Ximena González, activista feminista e ex-Responsábel Nacional de Organización e Breixo Lousada, ex-Responsábel Nacional de Organización.

Xa durante o serán haberá un encontro con “organizacións internacionais” no Parque de Bonaval. Pola noite, concerto na Porta do Camiño co rock de Trapallada e Nao e o pop cheo de retranca dos Poetarras. 

Isca preséntase como  “un espazo nidiamente independentista e revolucionario capaz de combinar incidencia social con un discurso coherente e desacomplexado”. A organización asegura, fronte aos quea auguraban a súa pronta desaparición, que está consolidada e está a gañar militancia e influencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 ISCARIOTE

Veña ISCA a seguir loitando ainda que os alcaldes do cambio vos enchan a multas por defender o pobo palestino ou a figura de Rosalía, despois os votos xa os recollen a Marea polo voso traballo.

5 picheleira

Eu vou, sen dúbida!

4 pinpan

Aquelarre de stalinistas previo San Xoan

3 Xoseliño

A isto se adican en plena campaña electoral onde o BNG xógase estar en Madrid. Vaia aliados teñen os mareados.

1 grandola

Era ben que aprendeses a usar os pronomes antes de dar leccións a ninguén. En "plena precampaña" temos sorte de que unha organización da mocidade nacionalista axite e dinamice algo ese sector de idade, porque actividades e discursos para xubilados é o que sobran. O 24X vamos suspender o Festigal por estarmos en precampaña tamén, razoamentos sectarios e pobres.

2 Pacorro

Lamentable comentario digno da filosofía PacoRodriguista que leva ao soberanismo galego ao abismo. Sempre pensando en votiños e cargos, típico da UPG. No fondo o que proe é que non fúchedes quen de destruír a quen vos leva sacando as cores no BNG durante 10 anos con coherencia, traballo e alegría.

2 MonchoReboiras

Programación completa aquí: https://www.facebook.com/events/168...