Isca celebra o seu aniversario con formación e concertos

Isca, unha das organizacións de mozos que participan no BNG, celebra o seu décimo aniversario. Co gallo desta celebración, convoca unha xornada de “formación, loita e festa” o vindeiro sábado 18 de Xuño en Compostela.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 15/06/2016 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Así os mozos nacionalistas organizarán varios relatorios no Centro Social da Gentalha do Pichel. As conferencias versarán sobre os dereitos laborais e a propia organización do colectivo. Na primeira participarán Raquel Vázquez, militante da CIG e presidenta do Comité de Empresa de Unísono e  Antolín Alcántara, militante da CIG e Secretario Confederal de Negociación Colectiva do sindicato. Na segunda falarán Ximena González, activista feminista e ex-Responsábel Nacional de Organización e Breixo Lousada, ex-Responsábel Nacional de Organización.

Xa durante o serán haberá un encontro con “organizacións internacionais” no Parque de Bonaval. Pola noite, concerto na Porta do Camiño co rock de Trapallada e Nao e o pop cheo de retranca dos Poetarras. 

Isca preséntase como  “un espazo nidiamente independentista e revolucionario capaz de combinar incidencia social con un discurso coherente e desacomplexado”. A organización asegura, fronte aos quea auguraban a súa pronta desaparición, que está consolidada e está a gañar militancia e influencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

1 cando ti vas, eu volvo

Velaí vai a vangarda da nosa xuventude: rapaces e rapazas bébedos, fumados e sen futuro. Velaí vai o futuro da nosa patria: mozos e mozas acríticos, monotemáticos e resacosos.

1 GZ89

Non sabía que ao Arcebispo de Santiago lle importaban as actividades do independentismo, nen que se adicase a opinar na rede. Aperta.