Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/08/2025 | Actualizada ás 15:49
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, trasladou a condena da Xunta á "brutal agresión sexual" sufrida por unha muller en Ferrol e mostrou o seu apoio e solidariedade coa vítima e a súa familia.
En declaracións difundidas aos medios, a responsable de Igualdade do Goberno galego informou de que a Administración autonómica puxo á súa disposición todos os recursos para a súa atención --atención psicolóxica, traballador social e xurídicos--.
Ademais, destacou que o Executivo galego está "moi pendente" e segue de preto o avance da investigación policial. Tamén afirmou que están en contacto permanente co Concello da cidade departamental.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.