Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/08/2025 | Actualizada ás 11:49
Catro persoas resultaron feridas este sábado nunha colisión frontolateral entre dous coches na localidade lucense de Barreiros, concretamente no quilómetro 569 da N-634. Segundo relatou o 112 Galicia a Europa Press, a colisión produciuse entre dous coches e, nun principio, a Central de Emerxencias recibiu o aviso de que podía haber persoas atrapadas, pero finalmente non foi así. Ata alí desprazáronse os bombeiros de Barreiros, Protección Civil, Garda Civil de Tráfico e Urxencias Sanitarias. Con todo, o catro feridos tiveron que ser trasladados ao hospital.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.