Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/08/2025 | Actualizada ás 15:59
Un sendeirista tivo que se rescatado polo helicóptero Pesca 2, de Gardacostas de Galicia, tras sufrir unha caída nunha zona de difícil acceso no Vicedo. Segundo informaron fontes do 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 12.20 horas deste mércores e foi un particular o que alertou de que un compañeiro sufriu unha caída. Desta forma, detallou que se atopaban nun camiño estreito da ruta Río Morgallón-Río Sor. No operativo tamén participaron os Bombeiros do Vicedo e a Garda Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.