Reaccións incendios: Marlaska afirma que as axudas para as zonas queimadas serán “inmediatas”

No caso de necesitar bombeiros ou brigadistas doutros países da Unión Europea (UE), efectuaría a petición "inmediatamente".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/08/2025 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, sinalou que as axudas ás zonas queimadas nos incendios van ser "inmediatas" para que os afectados "poidan volver a unha vida minimamente en condicións de normalidade". Así se expresou este venres despois de presidir unha nova reunión do Comité Estatal de Coordinación e Dirección (CECOD).

Dúas veciñas desveladas pola proximidade do lume a Rebordondo (Cualedro).. Rosa Veiga - Europa Press
Dúas veciñas desveladas pola proximidade do lume a Rebordondo (Cualedro).. Rosa Veiga - Europa Press

"Pero que saiban que despois disto, que agora estamos na resposta, desde logo, as axudas van ser inmediatas. É dicir, porque isto non se termina cando terminen os lumes. Isto terminarase, esta emerxencia, cando se poida, cando as persoas afectadas poidan reiniciar a súa vida nunhas mínimas condicións", dixo nunha entrevista en 'Mañaneros' de RTVE.

Á súa vez, volveu a recalcar que o Goberno está a dar ás direccións xerais de emerxencias "todo" o que están a solicitar "desde o minuto un". No caso de necesitar bombeiros ou brigadistas doutros países da Unión Europea (UE), efectuaría a petición "inmediatamente".

O PSDEG RECLAMA MÁIS INFORMACIÓN PARA A CIDADANÍA

A deputada do PSdeG no Parlamento galego, Carmen Rodríguez Dacosta, reclamou á Xunta que informe puntualmente á cidadanía da situación dos incendios. Para a portavoz socialista de Política Forestal, "non abonda con que o Goberno de Rueda publique nunha web dúas veces ao día datos sobre a superficie calcinada e os efectivos desprazados a combater cada lume, senón que debe debe trasladar a información que manexa o Cecopi".

Ante unha situación "de extrema gravidade" como a que se está producindo, "os máximos responsables do Goberno galego teñen que comparecer ante os medios de comunicación "dunha maneira regular, cando menos diaria", demandou Dacosta. "Trátase de que os veciños e veciñas coñezan puntualmente que zonas se atopan en risco, que localidades están confinadas ou foron evacuadas e aspectos tan básicos como que estradas permanecen pechadas e por cales deben circular precísanse desprazarse.

Carmen Rodríguez Dacosta reclamou "absoluta transparencia" porque a cidadanía, dixo, "ten dereito a coñecer a dimensión real da catástrofe e as previsións que manexan os técnicos a fin de garantir a seguridade e a integridade das persoas que poidan verse afectadas por esta catástrofe".

RUEDA PIDE MÁIS MEDIOS

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pediu ao Goberno central o envío de máis medios dispoñibles a Galicia ante a situación "complicada" polos incendios forestais, provocados polas altas temperaturas, a ausencia de choivas e a presenza de ventos. Tras visitar o centro de coordinación operativa (Cecop) provincial xunto á conselleira de Medio Rural, destacou que hai dez lumes activos —nove en Ourense e un na Coruña—, sen evacuación de núcleos de poboación, só confinamento de máis dun centenar de persoas en Monterrei, e chamou á prudencia.

Rueda tamén resaltou o traballo dun milleiro de efectivos e a presenza de medios como hidroavións chegados desde Francia, insistindo en que calquera recurso dispoñible se despregue en Ourense. Ademais, anunciou que se pedirá reorientar a misión da Brilat xa desprazada para colaborar con outras Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, reforzando a vixilancia e o apoio fronte á onda de incendios que continúa afectando a comunidade.

"Seguen traballando moito os efectivos de todas as administracións, volvo agradecer a colaboración", subliñou para aludir ao traballo de "todos os que teñen responsabilidades" e están "a botar unha man" tanto na provincia de Ourense como noutras zonas de Galicia afectadas os incendios. "Facemos un chamamento hoxe mesmo, reiterareino por carta, ao Goberno central para que calquera medio que haxa dispoñible e poida achegarse na loita contra incendios na provincia de Ourense fágao", insistiu.

XUNTA

Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Medio Rural, María José Gómez, visitará este venres o centro de coordinación operativa (Cecop) provincial para facer o seguimento da situación dos incendios forestais.

Ademais, o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, advertiu das dificultades do operativo de extinción polos múltiples focos activos en Ourense, agravados polo vento e as condicións cambiantes. Na Radio Galega, cualificou a vaga de lumes como “posiblemente a peor da historia” en Galicia e atribuíuna a unha “treboada perfecta” de calor extrema, primavera chuviosa e incendios por imprudencia ou intencionalidade.

Rodríguez sinalou que a multiplicidade de focos e a dificultade de acceso a certas zonas están a saturar os servizos de emerxencia, obrigados a repartir efectivos. Recoñeceu o cansazo das brigadas e as “crises vitais” provocadas polos lumes en lugares como Chandrexa de Queixa, e pediu unha “reflexión colectiva” sobre esta situación.

O responsable solicitou á cidadanía “comprensión” e seguir as indicacións das autoridades, mesmo se perciben riscos non atendidos. Explicou que pode deberse a que os equipos actúan noutros puntos con maior perigo. “Isto non é un incendio máis”, advertiu, pedindo máxima colaboración cos servizos de emerxencia.

FEIJÓO PIDE DESPREGAMENTO DO EXÉRCITO, "QUEDA O PEOR"

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, pediu o despregamento de medios operativos, loxísticos e de apoio do Exército para colaborar na extinción da vaga de incendios que afecta España, cualificando a situación como unha “crise nacional” e advertindo que “queda o peor” se non hai cambios meteorolóxicos.

Desde o Posto de Mando Avanzado de Palacios del Sil (León), e acompañado polo presidente de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, acusou o Goberno de provocar ás comunidades autónomas que xestionan a emerxencia e reclamou unha política de Estado, afastada de “provocacións” e “mensaxes cutres” en redes sociais. Aclarou que non solicita a declaración do nivel 3 de emerxencia, mais si unha mobilización extraordinaria de medios en coordinación coas CCAA.

Feijóo criticou tamén o atraso do Executivo en pedir axuda ao Mecanismo Europeo de Protección Civil e denunciou que este ano haxa “menos medios aéreos operativos” que na campaña anterior, extremo negado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica. Amosou as súas condolencias polas vítimas mortais e feridos nos lumes de León e Madrid, lamentou a perda de patrimonio natural e instou á poboación a seguir as indicacións das autoridades e colaborar na detección de posibles actividades incendiarias.

PEDRO SÁNCHEZ,  "HOXE VOLVERÁ A SER UN DÍA MOI DURO"

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, recalcou que o Goberno segue envorcado "con todos os recursos" para frear o lume nun día que vai volver a ser "moi duro", con risco extremo de novos incendios. "Hoxe volverá ser un día moi duro, con risco extremo de novos incendios. O Goberno segue envorcado con todos os recursos para frear o lume", sinalou a través das súas redes sociais.

A MINISTRA DE DEFENSA VISITARÁ A UME

A ministra de Defensa, Margarita Robles, visitará este sábado, 16 de agosto, aos efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) que participan na loita contra os incendios que se desenvolven en distintas localidades de Galicia e Castela e León. Robles, orixinaria de León, estará acompañada polo xeneral xefe da UME, Francisco Javier Marcos Izquierdo, e acudirá a distintas localidades, segundo informaron a Delegación do Goberno en Castela e León e a de Galicia nun comunicado recolleito por Europa Press. En concreto, 1.300 militares están despregados para colaborar sobre o terreo en labores de extinción de máis dunha decena de incendios en Galicia, Castela e León, Asturias, Comunidade Valenciana e Estremadura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta