O BNG apoirá os Orzamentos Xerais do Estado se recollen as demandas de Galicia

Critica os erros nas pulseiras de maltratadores.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 23/09/2025 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinalou este martes que a formación galega está a estudar o límite de gasto aprobado polo Goberno como primeiro paso para a tramitación dos Orzamentos Xerais do Estado, aínda que advertiu de que condicionará o seu apoio a que recollan as súas demandas sobre Galicia. Nunha rolda de prensa no Parlamento, Rego considera "moi limitado" o límite de gasto, especialmente no relativo á capacidade de endebedamento de comunidades autónomas e concellos. No entanto, o máis importante para o BNG é "a seguinte fase", na que se concreten as contas públicas, e que estas recollan "as aspiracións políticas e prácticas" de Galicia.

Neste sentido, lembrou que o acordo de investidura asinado co PSOE contempla medidas en servizos, infraestruturas e outras necesidades da comunidade autónoma que deberán verse reflectidas nos Orzamentos. "Iso é o central e, por tanto, imos traballar para que eses orzamentos reflictan esas necesidades do noso país", explicou o dirixente nacionalista, que insistiu en que a posición do BNG "non está predeterminada" e dependerá "de cal sexa a foto final, se efectivamente somos capaces de chegar a ese momento".

Néstor Rego / BNG / Europa Press
Néstor Rego / BNG / Europa Press

PULSEIRAS PARA MALTRATADORES

Por outra banda, Néstor Rego, reclamou este martes que se "asuman responsabilidades políticas" polo caso dos fallos nas pulseiras telemáticas para maltratadores e afirmou que xa en 2024 a súa formación política puxo en foco "nos fallos en xeral do sistema VioGén que ten consecuencias para as mulleres vítimas".

"O BNG leva moito tempo denunciando esta situación", manifestou Néstor Rego nunha rolda de prensa no Congreso, onde asegurou que o BNG rexistrou unha primeira iniciativa no Senado en novembro de 2024 e unha interpelación ao ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, en decembro dese ano. Segundo Néstor Rego, "hai case un ano o BNG puña o foco nos fallos, en xeral, do sistema VioGén que ten consecuencias para as mulleres vítimas" da violencia de xénero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta