Temas: XUNTA

Denuncian irregularidades nunhas oposicións da Xunta

Unha web vincula a Anonymous na denuncia dun "tongo" dunha praza de educación física á que relacionan con familiares do preparador físico de Feijóo.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 11/07/2016 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Unha web creada este mesmo mes de xullo, e que atribuen ao grupo hacktivista Anonymous, denuncia a existencia dun "tongo" nas oposicións á praza de Educación física da Xunta en Pontevedra.

Exames de oposicións en Silleda
Exames de oposicións en Silleda | Fonte: actualidad.es

Neste sentido, acusa ao tribunal de dar as mellores notas a familiares do preparador físico do presidente da Xunta. "As opositoras e opositores levamos anos investindo o noso tempo de lecer en preparar unhas oposicións, resulta frustrante que logo o teu traballo sexa para nada, pero resulta aínda máis frustante decatarche ano tras ano de que as prazas, ou parte delas estan dadas de antemán, desde presidentes de tribunal que son preparadores de oposicións e os seus preparados sacan praza sempre, fillas de inspectoras que sacan un 10 na proba A e un dez na proba B e diferentes enchufes a través dos presidentes dos tribunais que son nomeados a dedo", denuncia este blog.

Así, sinala que o fillo do adestrador físico de Feijóo obtivo a mellor nota na proba (7.78) e o seu xenro a terceira mellor nota (6.68) na primeira proba. "Podemos crer nas casualidades, ou crer que como di o Sr. Baltar que de pais listos saen fillos listos, pero o mínimo sería ver se eses examenes estan tan ben como se di", engade.

Ademais, suliña que dos 148 opositores só 22 aprobaron cun 5 a primeira parte da proba. "No meu caso estou segura de que teño máis dun 5, pero como sabedes neste proceso opaco é casi imposible reclamar. Que ten que suceder para que os sindicatos actuen? Non é imposible, en Castela e León, por un caso con irregularidades menos graves que estas, denunciaron e gañaron", apunta.

Temas: XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 reiki

Hai máis casos, na provincia da Coruña sei de polo menos outros 3. Nun deles nota media facultade 5,5. Fillo de profesor da facultade e de profesora dun colexio da Coruña, que da a casualidade é o mesmo que o do presidente do tribunal. E aparece cun 9,5 na nota da oposición. Ata onda eu sei as reclamacións só poden facerse sobre a valoración propia, non nas alleas. Neste caso só se podería impugnar a proba habendo suficientes indicios de neglixencia e trato de favor por parte do tribunal, e isto é moi difícil de demostrar.

1 Calquera

Se realmente é certo o que di esta persoa, por que non reclama? Se non é certo, por que non denuncian a esta persoa por difamación? Non sei, algo non entendo.