Minoritarios de Pescanova piden a Elvira Rodríguez (CNMV) que a empresa volva a Bolsa "nos próximos días"

A Asociación de Minoritarios Afectados de Pescanova (AMAP) remitiu unha carta á presidenta da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), Elvira Rodríguez, na que lle pide que Pescanova volva cotizar en Bolsa "nos próximos días".

| 13/07/2016 | Actualizada ás 19:14 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Asociación de Minoritarios Afectados de Pescanova (AMAP) remitiu unha carta á presidenta da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), Elvira Rodríguez, na que lle pide que Pescanova volva cotizar en Bolsa "nos próximos días".

Os accionistas minoritarios da compañía consideran que "non hai motivos para que non se levante a suspensión" de cotización de Pescanova "este mesmo mes", despois de que a empresa entregara á CNMV un documento contestando ás preguntas do requirimento que o organismo fixo a compañía para permitirlle volver cotizar en Bolsa.

Así mesmo, a CNMV recibiu un anexo coas contas de Nova Pescanova e de Pescanova correspondentes ao exercicio 2015 e un plan de negocio revisado por unha consultora independente, que era tamén un "requisito imprescindible" esixido polo organismo para a volta á cotización, segundo AMAP.

Os minoritarios comprenden "a cautela" que Rodríguez "mantivo", pero pídenlle que teña en conta "todo o sufrimento" polo que pasaron dende que se suspendese a cotización da compañía, en marzo de 2013, segundo a misiva, á que tivo acceso Europa Press.

Os pequenos accionistas da compañía solicitan a Rodríguez que teña en conta "o esforzo realizado por todas as partes, minoritarios e membros do actual consello de Pescanova", así como "o sufrimento que leva consigo ser partícipe desta longa espera".

AMAP pide á presidenta do organismo supervisor que permita que a compañía "volva ao mercado" nos próximos días", xa que agora é cando se dispón de "máis información que nunca" para "inverter máis ou desinverter na compañía".

O martes, a presidenta da Comisión avanzou que Pescanova volverá cotizar pronto, pero advertiu de que, para que iso suceda, deberá dar información ao mercado "do que é e de como vai evolucionar".

"Estamos nos últimos estadios para que a acción poida volver cotizar", afirmou Rodríguez, que apuntou que se non se cumpren todas as garantías esixibles, o supervisor non permitirá o regreso da compañía ao parqué.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta