Temas: EN MAREA

Esquerda Nacionalista anuncia que se suma a En Marea

É a segunda formación nacionalista que pide participar neste proxecto político no que tamén están EU, Podemos, Esapazo-Equo e as mareas municipalistas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/07/2016 | Actualizada ás 09:20

Comparte esta noticia

Esquerda Nacionalista (EN), o histórico partido que formou parte do BNG e no que militaron destacados dirixentes nacionalistas, entre eles, o propio Xosé Manuel Beiras, anunciou que se sumará ao proceso de En Marea para “construír un mellor lugar eun mellor país”.

Xosé Manuel Beiras nun mitin de En Marea en Lugo, xunto con Fernán Vello
Xosé Manuel Beiras nun mitin de En Marea en Lugo, xunto con Fernán Vello | Fonte: enmarea.gal

De confirmarse a entrada de EN en En Marea, sería a segunda formación nacionalista que forma parte deste espazo político, logo de Anova. Precisamente, Esquerda Nacionalista destaca que a súa intención de sumarse a este proxecto é para “acadar o maior consenso posíbel arredor dunha alternativa política: ampla, plural, e que teña sempre a Galiza como norte”.

“Consideramos que é o momento da unidade de acción e que nesta altura só existe un formato suficientemente integrador que se concreta na estrutura aberta das Mareas, onde ademáis sobresae a figura incontestábel de Xosé Manuel Beiras, líder indiscutíbel do nacionalismo galego, e referente ético e moral para unha sociedade que procura a xustiza social e a defensa do noso ser diferenciado”, indica nun comunicado.

EN insiste en que para as vindeiras eleccións ao Parlamento Galego, Galicia precisa “dunha ferramenta política de seu, que aglutine o maior número de vontades na defensa dos intereses sociais, económicos e políticos propios”. Por iso, considera que En Marea é o mellor espazo para acadar este fin.

Temas: EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

5 Apoiando a Beiras

4 Juan Manue

Pero que queda de EN, uns fomonos con Beiras en Coruña, outros foronse con Bascuas, e así sucesivamente

3 Alberte

Encontro Irmandiño também se somerge na Marea. Olho com os afogamentos!

2 Que cantoso

Pero se este partido era Beiras e catro máis ata que expulsaron a Beiras e logo desapareceu. E agora a persoa que o "revive" di que Beiras é o líder indiscutible del. Busca postiño

1 Compromiso por Galicia

O que faltaba no sainete mareante é reinventar partidos que hai anos que desapareceron,