Paros nunha empresa de Coren para esixir a paga extra

O comité de empresa de Frigolouro convoca mobilizacións os meses de xullo e agosto para esixir a paga extra.

Por Galicia Confidencial | Lalín | 20/07/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O martes, día 19, comezaron os paros de Frigolouro, no Porriño. Con esta acción de protesta, o persoal quere presionar para esixir o pagamento da extra do mes de xullo. O comité de empresa afirma que o persoal debía ter cobrado a extra de verán a comezos deste mes, como no resto de empresas do grupo Coren.

Protesta do persoal de Frigolouro, do grupo Coren
Protesta do persoal de Frigolouro, do grupo Coren | Fonte: CCOO

Segundo informa Comisións Obreiras, os paros terán continuidade os días 22 e 29 de xullo, ben como os días 5, 12, 19 e 26 de agosto. A duración é dunha hora, entre as 13:50 e as 14:50 para a quenda de mañá e de 14:50 a 15:50 para a tarde.

Cadrando co primeiro dos paros, o de onte, houbo unha asemblea de persoal á que foron convocados os máis de 350 traballadores e traballadoras da empresa.

Discriminación

Amais de non pagar a extra, a empresa tampouco se comprometeu a comunicar unha data para o seu cobro. Ao tempo, o resto do persoal do grupo Coren si percibiu a comezos de mes o importe da dita paga. afirma que o persoal debía ter cobrado a extra de verán a comezos deste mes, como no resto de empresas do grupo Coren

O martes, día 19, comezaron os paros de Frigolouro, no Porriño. Con esta acción de protesta, o persoal quere presionar para esixir o pagamento da extra do mes de xullo. Os paros terán continuidade os días 22 e 29 de xullo, ben como os días 5, 12, 19 e 26 de agosto. A duración é dunha hora, entre as 13:50 e as 14:50 para a quenda de mañá e de 14:50 a 15:50 para a tarde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta