Felipe VI "máis preocupado" que Rajoy en evitar unhas terceiras eleccións

"O Rei español tiña a cara un pouco máis preocupada, dende logo moito máis preocupada que a de Rajoy, mirando a trama de corrupción que segue saíndo do seu partido e ao que nos segue dando máis silencio", di Alexandra Fernández.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2016 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

A voceiro no Congreso da coalición En Marea (Anova-Podemos-EU), Alexandra Fernández, asegurou este mércores que, durante a súa reunión co Rei Felipe VI, o monarca transmitiulle que é imprescindible que as forzas políticas que teñen "responsabilidade" de formar goberno poñan "mans á obra" e eviten unha nova repetición electoral.

O rei Felipe VI conversa coa portavoz de En Marea, Alexandra Fernández / A.D./lainformacion.com
O rei Felipe VI conversa coa portavoz de En Marea, Alexandra Fernández / A.D./lainformacion.com

"O que fai falta é que as forzas políticas que teñen esa responsabilidade poñan mans á obra. Creo que iso é tamén o que o xefe do Estado me transmitiu, que era imprescindible tratar de evitar esas terceiras eleccións como fóra", asegurou na rolda de prensa que ofreceu na Cámara Baixa tras o seu encontro, enmarcado na rolda de consultas aberta polo Rei para a investidura.

Así mesmo, Fernández asegurou que, ao seu xuízo, o monarca tiña este mércores "unha cara un pouco máis preocupada" que a última vez que a recibiu, antes de que se celebrarán as eleccións do 26 de xuño, as segundas en menos dun ano tras a falida investidura do líder socialista, Pedro Sánchez.

Ademais, a voceiro de En Marea aproveitou para criticar a actitude que están a ter o presidente do Goberno en funcións e líder do PP, Mariano Rajoy, e o secretario xeral do PSOE, que se caracteriza, ao seu xuízo, polo inmobilismo.

O REI, "MÁIS PREOCUPADO" QUE RAJOY E SÁNCHEZ

"O Rei español tiña a cara un pouco máis preocupada, dende logo moito máis preocupada que a de Rajoy, mirando a trama de corrupción que segue saíndo do seu partido e ao que nos segue dando máis silencio; moito máis preocupado que Rajoy intentando formar goberno; e moito máis preocupado tamén que o PSOE tratando de buscar unha alternativa", engadiu.

En canto á posibilidade de que se repitan as eleccións xerais --que serían xa as terceiras en menos dun ano--, a voceira da confluencia galega lamentou que "hoxe en día ninguén descarta absolutamente nada". "Descartable hoxe non é nada", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

3 Comunista

En cambio cando ían os Pacorros á Zarzuela, o Borbonzón de turno non vos andaba nada preocupado: http://www.elcorreogallego.es/galic...

1 carballo

Ante todo non son do Bng nin sombra, de feito son un ex dunha marea que vendo o despiporre e a merda, foise. Parece mentira que aínda haxa xente que defenda o que ti, o das mareas(e xa non te digo Eu do que son exvotante e q dan noxo) è de risa, a ostia nas autonómicas vai ser antolóxica e con iso se porà fin as mareas e o seu discurso baleiro e de postal, totalmente desconectado da rúa, comprobado.

2 anonimo

E lóxico xa que si cae o rexime do 78 e se abre un proceso constituinte o mais probable é que a cidadania defenda un réxime republicano, federal ou confederal, con separacion de poderes, representatividade (eleccion por distritos e rendicion de contas e non votar listas pechadas), dereitos sociais, saida do euro, inversion e creacion de emprego publico que impulse a economia, impostos xustos, rematar coas SICAV e as deputacions, fusionar concellos, loitar contra o fraude fiscal, tender pontes economicos e culturais con Portugal e Iberoamerica, rematar coas portas xiratorias, mais participacion da cidadania na toma de decisions, transparencia, posibilidade de revocar cargos electos que incumplan ou que sexan corruptos, etc. E por suposto que o Xefe de estado non sexa inviolable e non suxeito a responsabilidade e por fin aos aforamentos.

1 anonimo

Ah! e o mais importante que é facer unha auditoria para ver de donde ven esa inmensa débeda publica que temos e si se trata de débeda ilexítima negarse a pagala. Fixádevos canto poderíamos gañar os cidadans si se abre un proceso constituinte e isto so é posible da man de forzas rupturistas como son as nacionalistas catalanas, vascas e galegas. Nin PP, nin PSOE, nin Ciudadanos e ninsequera Unidos Podemos estan pola ruptura co réxime do 78. Mais ve o contrario, estan por darlle outro lavado de cara como o que se lle deu coa chamada "transicion".

2 Ana

Primeiro --que hai prioridades--decencia: Alexandra vai en coalición con corruptos (Monedero nunca pediu desculpas nin explicou a orixe certa e destino dos miles de euros da conta, e agora a mala erva de Echenique), logo nada limpo pode aportar. Agora ben, que @ anonim@ do BNG queira leccionar á cidadanía... esquecendo a Sicav do eurodeputado Camilo Nogueira, pola que nunca pediu desculpas, ou non lembrando que nas portas xiratórias participa o PNV con Iberdrola e CiU con Gas Natural..., e que hai rupturistas sistémicos!!!

1 Ted Flanders

Caray para a nena! o BNG parecialle pouco... pouco nacionalista......agora trata co Rei de España....menudo ascenso!!! terminará no Consello de Estado con chófer "jalejo" e acudindo unha vez ao ano a aldea na festa do patrón!!! (nivelazo oye...estos de Anueva y sus amigotes...por certo pagan eles aos seus asistentes ou teñenos tamén en B?)

1 Comunista

A nena? Toda Galiza é consciente do machismo inerente ao BnG en xeral e á UpG en particular, pero o que tedes os trolls da secta blocalla/upegalla xa roza coa misoxinia.

2 Ana

Consumista, na U hai moito macho noxento que esqueceu o trato do Paco Zarzuelas co Borbón en portada de A Nosa Terra. E seica hai ex da U que enchufan á familia na academia, se cadra xa cho contaron pero non che importa. Como tampouco te alporizas polo asistente de Echenique, onde o teu líder --o que vos conta os votos desde Zaragoza-- esqueceu a legalidade mentres fala de dignificar as condicións dos traballadores. Os teus consumista son casta!!!

3 balbino

siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii super machista, a ver en que quedamos ou é feminazi como dín algúns ou é machista pero as dúas cousas a vez e fodido, por certo creo que Ana Pontón é unha muller, e creo que Noa e Olalla tamén, e Ana Miranda, Goretti... o que seguro que non son no BNG é pederastas.

4 Sesese

Hai que ter suerte na vida, quen llo iba a dicir a ela, cobrando 4000 pavos, deputada en madri , en palacio co rei etcetc. Que suertuda