SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2016 | Actualizada ás 19:50 por EUROPA PRESS
O tráfico viuse interrompido este luns na ponte nova de Noia a causa dunha colisión múltiple. Segundo informa o 112, dous turismos e un camión víronse implicados nun accidente sobre as 17,20 horas na AC-549.
A causa do golpe, dúas persoas necesitaron asistencia médica urxente, aínda que se mostraron conscientes en todo momento. Un equipo médico a bordo do helicóptero con base en Santiago encargouse do traslado ao hospital dun dos feridos.
Nun primeiro momento, temeuse que os feridos estivesen atrapados nos vehículos implicados. De feito, acudiron os Bombeiros de Boiro, membros de Protección Civil de Noia e do GES de Brión, pero, finalmente, descartaron empregar os equipos de excarceración, ao comprobar que os ocupantes estaban liberados.
O sinistro provocou importantes retencións e chegou a interromper a circulación. As forzas de seguridade encargáronse de desviar aos coches pola entrada vella que comunica con Porto do Son.
INTOXICACIÓN POR INHALACIÓN DE FUME
Por outra banda, un veciño de Pereiro de Aguiar foi trasladado ao hospital a causa dunha intoxicación por inhalación de fume. Un incendio que empezou nunha campá extractora e alcanzou aos mobles da cociña afectou o único ocupante da vivenda.
Segundo informa o 112, sucedeu ás 13,30 horas no lugar de Cebreiros. Un particular chamou ao 112 e este pasou aviso aos efectivos do GES da localidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.