SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2016 | Actualizada ás 19:54 por EUROPA PRESS
Un incendio forestal que calcinou, polo momento, máis de 20 hectáreas na parroquia de Ponte Sampaio, en Pontevedra, eleva a seis os lumes fóra de control en Galicia.
Por outra banda, a 'situación 2' por risco para as casas tivo que ser decretada en Avión (Ourense), por un lume na parroquia de Nieva, preto de Porreira.
Nunha xornada de intensos ventos e altas temperaturas, polo momento están activos estes dous incendios e outro en Soutomaior (o que se iniciou o luns e se estendeu ata Redondela, que queimou unhas 200 hectáreas), un en Santiago e outro en Rois (A Coruña) con máis de 20 hectáreas arrasadas, un en Porto do Son e outro máis en Soutomaior, pero neste caso na parroquia de Arcade.
Os incendios obrigaron a decretar o nivel de alerta por risco para as casas tanto nos dous puntos de Soutomaior, como en Santiago, Porto do Son e Avión.
Polo demais, seguen traballando os medios de extinción en lumes controlados en Cotobade (arderon polo menos 365 hectáreas), Caldas de Reis (300), Mondariz (200), Cee (100) e Fisterra (máis de 20).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.