SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2016 | Actualizada ás 08:54 por EUROPA PRESS
Este xoves arranca na localidade coruñesa de Miño a cita 'Rilla na rúa', a feira gastronómica itinerante que aparcará no "triángulo da praia grande" dez 'foodtrucks' e ofrecerá diversas actividades para todos os públicos ata o domingo.
Segundo informa a organización 'Rilla na Rúa' é unha feira gastronómica que xirará por distintos lugares de Galicia este verán, na que se dan cita "unha coidada selección de propostas culinarias en formato foodtruck: comida vagabunda de calidade e sobre rodas".
Ademais, mentres visitan os distintos 'foodtrucks', os asistentes poderán participar das distintas actividades programadas, entre as que se inclúe cabaré, música en directo, Djs, bailes, mercado vintage e outras actividades.
A feira 'Rilla na rúa' está organizado pola empresa Elemental Chefs e conta coa colaboración do Concello de Miño, Garaxe e Sal, Mahou e Sousas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.