SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2016 | Actualizada ás 12:11 por EUROPA PRESS
O Concello ourensano de Vilardevós rexistrou este domingo un incendio na parroquia de Soutochao, segundo informa a Consellería do Medio Rural.
De momento, o lume rexistrado este domingo pola mañá afecta a máis de 20 hectáreas. Este incendio súmase ao outro lume activo en Galicia, que se atopa no tamén municipio ourensano de Cualedro.
Polo demais, o resto de incendios foron controlados ou, directamente, extinguidos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.