Paralizado o expediente contra Torres Queiruga

A Conferencia Episcopal paralizou o expediente de condena da Obra Teolóxica de Andrés Torres Queiruga logo da "pequena revolución" causada por este anuncio...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 17/06/2009 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

None

Ante os informes negativos, Javier Martínez (presidente da Comisión) e Demetrio Fernández (impulsor do expediente) decidiron dar marcha atrás. Sen embargo, outros órganos máis conservadores da igrexa denuncian unha "campaña de intoxicación" por parte dos sectores progresistas. Así, o director de infocatólica, Luis Fernando Pérez, fala dunha "burda montaxe" e asegura que o expediente "sigue adiante".

Nos últimos días, Queiruga recibiu numerosos apoios de amplos sectores eclesiásticos, así como de intelectuais, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, a USC e mesmo do cabildo compostelano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

1 eu mesma

Aínda menos mal que se impuxo o sentido común.