A CORUÑA | 21/08/2016 | Actualizada ás 08:34 por EUROPA PRESS
A Asociación Protectora de Animais Gatocan organiza este domingo un acto, enmarcado nunha actividade do Concello de Sada (A Coruña), co obxectivo de atopar casa a cinco cans cuxos propietarios serán desafiuzados a próxima semana, segundo informa.
En concreto, os cinco animais estarán, dende as 17,00 horas, nunha carpa situada neste municipio "para que todos as persoas interesadas poidan coñecelos e saber máis sobre as súas calidades", explica.
Ademais, sinala que o xogador do Deportivo, Alejandro Arribas, tamén se desprazará sobre esa hora á carpa de Gatocan para colaborar co acto e asinar autógrafos.
A protectora Gatocan creouse oficialmente en abril de 2006 e abriu as portas do seu refuxio en outubro de 2008, onde dá acubillo tanto a cans coma a gatos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.