A CORUÑA | 25/08/2016 | Actualizada ás 18:49 por EUROPA PRESS
A Asociación de Empresarios de A Grela e a Institución Benéfico Social Padre Rubinos comercializarán unhas "bolsitas infantís solidarias", dentro das iniciativas postas en marcha pola entidade social.
Creadas nos talleres de Padre Rubinos, estas bolsas están confeccionadas con teas de cores vivas e adornos para que poidan levar os nenos a súa merenda ou xoguetes. Da súa elaboración, encargáronse persoas usuarias do taller prelaboral de téxtil do albergue da institución Padre Rubinos.
A iniciativa presentouse este xoves como proba piloto na sede da Escola Infantil Trastes e como unha proposta da Asociación Agrela para axudar na captación de recursos para a entidade benéfica.
Trátase de creacións elaboradas cos excedentes de roupa que os coruñeses e coruñesas doaron ao roupeiro de Padre Rubinos. A Escola Infantil Trastes será a primeira empresa que colaborará na venda e distribución destas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.