OPINIÓN.- Bonecos de plástico

Cando o meu avó viña dalgunha feira ou festa que non respostara á expectativas sempre dicía aquilo de 'Non che houbo moito Lafitte'. Referíase á granada de man empregada no bando nacional durante a guerra por influencia do exército fascista italiano. En Berluscolandia, a día de hoxe, hai moito Lafitte. Prostitutas facendo o saúdo fascista, proxectos de unidades paramilitares para garantir a lei e a orde, a corte de Papito negando o terror do goberno colonial de Mussolini...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 01/07/2009

Comparte esta noticia

None

A mesma receita foi aplicada polos italianos en Libia durante décadas. Muamar el Gaddafi semella non esquencer ese pasado colonial e achegouse en visita oficial á Italia de Berlusconi lucindo unha fotografía de Omar al-Mukhtar líder da guerrilla antifascista axustizado en 1931. Non lle importa que o goberno democrático italiano garanta os dereitos humanos e teña pedido perdón públicamente polo seu pasado fascista e racista. Esta nova boutade de Gadaffi forma parte de todo un discurso propagandístico por parte do líder libio que se erixiu en defensor da causa africanista dende hai anos. Ao xeito de Fidel Castro este home pode estar horas falando como chair person na sé da Unión Africana en Addis Ababa como puidemos comprobar pola TV etíope. Reparte estopa, defende ao presidente sudanés, bota a culpa a Europa da piratería somalí e monta o circo (comitivas, haimas e amazonas) pola África subsahariana. Coma outros dementes dictadores considérase un líder natural e carismático, un enviado divino que actúa por riba do ben e do mal, que elabora casposas escenografías para engrandecer o seu poder, que quere ser inmortal aínda que envelleza, que emprega a cirurxía estética para acadar unha faciana de boneco de plástico.

Gadaffi e Berlusconi, un vestido de coronel e o outro de garabata e traxe, son dúas ánimas xemelgas que nunca pasarán á posteridade. Esa é a  diferencia con ese guerrilleiro libio burdamente manipulado no presente que loitou pola democracia, esa mesma democracia que os bonecos de plástico dilapidan e ridiculizan.

Xurxo Ayán é arqueólogo e investigador do Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC).http://neixon.blogspot.com/

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA