Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/07/2009 | Actualizada ás 08:53
transmitindo esta información ao sector e aos consumidores polo que estas accións deben orientarse a acadar a maior difusión e promoción posible".
Nestas catas-concurso hai catro modalidades: viño, augardente, queixos e meles. "O feito de que os auténticos protagonistas dunha e outra cata-concurso (adegas e destilerías por un lado e queixerías e envasadoras de mel por outro) demanden tradicionalmente un acto propio para os seus produtos, e de que os colaboradores na
execución, catadores e consellos reguladores, sexan distintos nun e noutro caso, así como as características propias dos produtos a concurso obriga e permite que estas catas se celebren, como xa se dixo, de xeito independente".
Aquí tes o prego do concurso:
PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS PARA A ORGANIZACIÓN E
REALIZACIÓN DE CATAS-CONCURSO 2009
1.- OBXECTO
Coa organización destas catas concurso, nas que se premian a aqueles produtos
con denominación de orixe ou con outros indicativos de calidade de Galicia, preténdese
como obxectivo principal, contribuír á promoción das nosas denominacións de calidade,
definindo as súas características diferenciadoras e avaliando a súa calidade final,
transmitindo esta información ao sector e aos consumidores polo que estas accións deben
orientarse a acadar a maior difusión e promoción posible.
Por iso, dado que os sectores aos que se dirixe son diversos pero habitualmente
encaixados en dous grupos con intereses similares (o vitivinícola por unha parte, e o dos
produtos alimentarios non vínicos con denominación de calidade por outra) enténdese, e así
se ten realizado en edicións anteriores, que os actos da cata dos viños, augardentes e
deseño deben ser independentes, no espazo e no tempo, dos do queixo e do mel, o que
fará que a repercusión de cada un deles nos medios de comunicación sexa diferenciada no
tempo e de maior eficacia individual.
O feito de que os auténticos protagonistas dunha e outra cata-concurso (adegas e
destilerías por un lado e queixerías e envasadoras de mel por outro) demanden
tradicionalmente un acto propio para os seus produtos, e de que os colaboradores na
execución, catadores e consellos reguladores, sexan distintos nun e noutro caso, así como
as características propias dos produtos a concurso obriga e permite que estas catas se
celebren, como xa se dixo, de xeito independente.
De acordo con isto, a contratación farase segundo os seguintes lotes:
Lote 1:
? XXI cata dos viños de Galicia. (Anexo I)
? XI cata das augardentes de Galicia. (Anexo II)
? VIII concurso deseño e presentación de viños e augardentes 2009.(Anexo III)
Lote 2:
? XII cata dos queixos de Galicia. (Anexo IV)
? VIII cata dos meles de Galicia. (Anexo V)
2.- CARACTERÍSTICAS DO TRABALLO
Na XXI cata dos viños de Galicia poderán participar todos aqueles viños
elaborados nas adegas inscritas nos rexistros de cada unha das Denominacións de Orixe
existentes en Galicia: Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Monterrei e Ribeira Sacra, así
como os viños elaborados polas adegas produtoras de viños con indicación xeográfica
(viños da terra) da Comunidade Autónoma de Galicia, con produción controlada na
campaña 2008: Val do Miño-Ourense, Betanzos e Barbanza e Iria.
Na XI cata das augardentes de Galicia poderán participar todas as augardentes
brancas elaboradas nas empresas inscritas no correspondente rexistro do Consello
Regulador das Denominacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de
Galicia.
Na XII cata dos queixos de Galicia poderán participar os queixos elaborados nas
queixerías inscritas nos rexistros de cada unha das denominacións de orixe de Galicia:
D.O.P. Queixo Tetilla, D.O.P. San Simón da Costa, D.O.P. Cebreiro e D.O. Arzúa-Ulloa.
Na VIII cata dos meles de Galicia poderán participar os meles elaborados polas
industrias envasadoras inscritas no correspondente rexistro da Indicación Xeográfica
Protexida Mel de Galicia.
Os viños, augardentes, queixos e meles que participen nas devanditas catas, serán
sometidos a unha análise sensorial. En cada un dos casos, constituirase un panel de cata
integrado por expertos neste tipo de análises, que deberán ser propostos pola empresa
ofertante. Para a supervisión de cada cata-concurso existirá un xurado de cata constituído
por representantes da Consellaría e dos respectivos consellos reguladores.
Unha vez rematadas as catas, e para a entrega dos premios aos participantes que,
en cada cata, resulten gañadores, organizarase un acto para o que as empresas
participantes no concurso ofertarán un local con capacidade mínima necesaria (230
prazas para o lote 1 e 150 prazas para o lote 2) que conte con suficientes e axeitados
medios (persoal, megafonía, audiovisuais, etc.) para o correcto desenvolvemento deste
acto oficial.
As catas de viños e augardentes (Lote 1) estarán unificadas nun único acto,
mentres que, as catas dos queixos e meles (Lote 2) realizaranse noutro. Ámbolos actos
de entrega dos premios poderán desenvolverse en calquera lugar da nosa Comunidade
Autónoma que sexa ofertado polas empresas concorrentes ao presente concurso,
debendo ter a relevancia suficiente como para que o coñecemento dos viños,
augardentes, queixos e meles que resulten premiados chegue á poboación en xeral.
Para levar a cabo estes traballos de servizos, nos que deberán terse en conta as
bases que figuran como anexos, realizarase o apoio nas actividades iniciais de preparación
das catas e do concurso, na recollida de mostras nas industrias elaboradoras participantes,
a axeitada adecuación dos locais onde se vaian realizar as catas, prestar a necesaria
colaboración na organización e desenvolvemento delas, e tamén a organización e
realización dos actos de entrega de premios das catas-concurso, así como o aboamento
dos gastos que todo isto ocasione, en nome desta Consellaría do Medio Rural.
Á empresa adxudicataria de cada un dos lotes ofertados corresponderalle, para cada
unha das catas-concurso, desenvolver os seguintes traballos, incluído o seu pagamento:
2.1.- Asistencia inicial:
Prestación de recursos persoais e materiais necesarios: caixas axeitadas para o
tipo de envases e produtos que se presenten ao concurso, etiquetas, precintas, botellas e
frascos baleiros autorizados, material opaco para a súa envoltura anónima, medios de
transporte para a recollida de mostras (que no caso dos queixos deberá ser vehículo
isotérmico), movemento de mercadorías, clasificación das mostras, o seu
almacenamento e a súa preparación para as precatas e cata final, todo isto de acordo co
establecido nas bases específicas de cada cata-concurso.
Elaboración do material de papelería e demais necesario para o correcto discorrer
das catas, (folios, sobres, fichas de cata, etiquetas, carpetas, calculadoras, etc.),
deseñado ao efecto baixo unha mesma imaxe de comunicación.
Deseño, maquetación e impresión das bases de catas en cantidade suficiente para
o seu envío ás posibles empresas participantes.
Realización, instalación e montaxe de todos os elementos necesarios para a
adecuación dos locais de celebración das catas e concurso de deseño e presentación así
como dos locais anexos de almacenamento, refrixeración e preparación de mostras. No
local de celebración das catas, cada catador disporá dunha cadeira e unha mesa de
superficie branca, sobre a que haberá unha fonte de luz que non deforme as cores, unha
botella de auga, recipiente con anacos de pan e recipiente para verquidos, ademais dos
cataviños, cataaugardentes e elementos de vaixela necesaria para queixos e meles, nos
que se presenten as mostras e que serán preferentemente dos oficialmente aprobados.
Tamén se precisarán cadeiras e mesa para a ubicación axeitada do xurado de cata.
2.2.- Asistencia organizativa:
Proposta dos expertos en análise sensorial que comporán os paneis de cata e o
pagamento dos gastos orixinados pola súa participación. Tanto para a precata como para a
cata final de cada un dos produtos, o panel comporase de acordo co establecido nos
distintos anexos.
Os expertos en análise sensorial, nunha porcentaxe como mínimo dun 75% serán de
Galicia, elixíndose os restantes de toda España, procurando que estean representados en
calquera caso, os medios de comunicación, a restauración e a distribución, a produción e a
administración.
Responsabilizaranse do transporte dende o seu domicilio, recepción, aloxamento e
traslado dos membros dos paneis de cata ata os seus aloxamentos, dende estes ata as
instalacións onde terán lugar as catas, así como cubrir todas as atencións lóxicas e
xustificables que precisen e consideren relacionadas con este evento.
Reserva e pagamento das habitacións dos membros do xurado de cata, nos casos
que sexa necesario, así como os demais gastos lóxicos que se deriven do seu labor.
2.3.- Asistencia durante as catas:
Proporcionar o persoal necesario e apropiado para a correcta preparación,
manipulación e servizo das mostras, tanto nas precatas como nas catas finais.
Pagamento do aluguer dos locais, así como a súa perfecta adecuación para a
celebración das catas (iluminación, megafonía, carteleiría, limpeza, seguridade para as
mostras, acreditación do persoal, etc.).
Servizo de fotografía, prensa e medios de comunicación necesarios durante todo o
acontecemento, coa finalidade de que estas catas-concurso, sirvan para a promoción e
difusión dos viños, augardentes, queixos e meles galegos entre os distribuidores e os
consumidores, favorecendo ao mesmo tempo a apertura de novas vías de comercialización.
Organización e realización dos actos para presentación das catas-concurso e para
a entrega de premios e clausura (inclúese o pagamento dos gastos de cada unha das
comidas oficiais), así como adecuación do local, preparación e presentación dos trofeos
relativos aos premios.
Publicidade: Presentarase e executarase un Plan de Medios de Comunicación
acorde coas características do evento, que permita dar a coñecer a realización destas
catas-concurso e as marcas que resulten finalmente premiadas a todos os sectores de
interese. Incluído no Plan de Medios deberá publicitarse a celebración destas catasconcurso
en todos os medios escritos con difusión diaria na Comunidade Autónoma.
Ao remate dos concursos, de cada un dos lotes deberán tamén publicitarse os
produtos que obtivesen premio en cada unha das categorías, realizando insercións nun
prazo de 30 días en todos os medios escritos con difusión diaria en Galicia.
Así mesmo, deberá prepararse un anuncio dos produtos premiados con
maquetación e arte final, a unha páxina, para a súa inserción en alúmenos 15 revistas de
ámbito estatal especializadas na temática relativa a gastronomía e restauración,
encargándose, en nome da Consellaría, dos custes destas insercións así como das
indicadas no parágrafo anterior.
Previo a súa execución tanto o plan de medios inicial como a publicidade dos
premios deberá contar coa aprobación desta Consellaría.
En cada unha das catas-concurso organizadas, ás empresas que resulten finalistas nas
distintas categorías establecidas entregaráselle un diploma acreditativo e ás tres primeiras
clasificadas un trofeo que identifique o posto acadado na súa categoría.
3.- ORZAMENTO
O orzamento máximo para o desenvolvemento dos traballos contemplados e que
figuran no presente prego de prescricións técnicas, é o seguinte:
Lote1:
- XXI cata dos viños de Galicia. (Anexo I)
- XI cata das augardentes de Galicia. (Anexo II)
- VIII concurso, deseño e presentación de viños e augardentes 2009.(Anexo III)
Orzamento: 139.780,00 euros
Lote 2:
- XII cata dos queixos de Galicia. (Anexo IV).
- VIII cata dos meles de Galicia. (Anexo V)
Orzamento: 90.480,00 euros
4.- PRAZO DE EXECUCIÓN
Os traballos de servizos obxecto deste contrato deberán realizarse nas seguintes
datas:
Lote 1: Dende a firma do contrato ao 30 de setembro de 2009
Lote 2: Dende o 1 de outubro ao 30 de novembro de 2009
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2009
A DIRECTORA XERAL
Alejandra Álvarez de Mon Rego
O CONSELLEIRO
P.D. (O 24.04.09)
O SECRETARIO XERAL
Jorge Atán Castro
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.